ENNYSTIMON 27/09 – Fútbol Gaélico

Hola queridos pais,

Pouco a pouco vai transcurrindo o tempo e xa fai unha semana que aquí estamos. Hoxe día 27, os rapaces da C.B.S tiveron unha mañán especial xa que poideron estrearse co hurling dentro do horario escolar. Algúns deles conseguiron facernos chegar as fotos que vos ofrecemos a continuación.

hurling-cbs controlando-a-pelota-cos-sticks

E como non só ía ser deporte pola mañá, a actividade  da tarde foi o fútbol gaélico. Coma tódalas tardes, os rapaces dirixíronse  ó Community Centre, unha das instalacións deportivas  de Ennistymon ás que acuden os nosos rapaces ao acabar as clases.

Alí estaba esperándonos o noso monitor para explicarnos as regras do xogo. Tras facer unhas cuantas carreiras recorrendo o campo de arriba a abaixo facendo pases de pelota coas mans e coa perna, dividíronse en dous grupos e empezaron a competición. E hai que dicirvos que aínda que algúns estaban escépticos antes de empezar o xogo, a cousa cambiou en canto pisaron o campo e aqueles que menos esperaban pasalo ben, acabaron dandoo todo no campo.

futbol-gaelico

breixo-e-pablo-1

ivan-e-alexandre

E despois de suar a camiseta, tocou volver á casa para estar coas familias e cear, que aquí ás seis da tarde estamos xa todos recollidos e a cuberto.

Un saudiño dende Irlanda,

Os monitores.

Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

ENNISTYMON 26/09 – Día de bádminton

Despois dunha fin de semana de intensa actividade o sábado e de relaxación coas familias o domingo, toca comezar unha nova semana. E que mellor xeito de facelo que activando o corpo cun pouco de exercicio físico?

Tralas clases fomos todos ao “Community Centre” e comezamos a xogar ao bádminton!

partidos-simultaneos

Partidos simultáneos de bádminton.

Formamos parellas e os partidos fóronse sucedendo. Non o ides crer, pero o nivel de competición e entrega foi incrible!! Cada punto conta e todos loitaron por gañar.

foto-de-grupo-cos-monitoresismael-e-alex-xogando-a-badminton

posando-coas-raquetas

As rapazas posando coas raquetas.

Logo de rematar e dalo todo no xogo, estivemos moito máis relaxados e as familias viñeron puntuais para recollernos. Estamos impacientes por ver que cousas nos esperan mañá por facer. Un saúdo e deica logo!!  Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

Paloma, Eva e Antonio

ENNISTYMON 24/09 – Sábado en Lahinch facendo Scuba Diving

Bos días queridas familias viguesas!

Onte foi día de excursión. Tocounos ir a Lahinch, unha vila costeira próxima a Ennistymon. Unha localidade que multiplica a súa poboación durante os períodos estivais debido en parte á condición de súas praias para facer surf.

Alí puidemos coñecer á alcaldesa de Ennis e facernos un par de fotos con ela, entregándolle ademáis os regalos que lle levabamos en representación da alcaldía de Vigo.

foto-coa-alcaldesa

Posteriormente, a actividade que estaba prevista para desfrutar do sábado, non era outra que practicar “Scuba Diving”. E igual vos estades a preguntar que é iso. Pois non é máis que submarinismo. Os rapaces acudiron a unha piscina (na que podían dar pé perfectamente) onde divididos en dous grupos, puideron aprender as nocións básicas desta actividade acuática. Sempre baixo a supervisión de catro monitores que estiveron pendentes deles durante toda a sesión.

En canto saíron de bucear, acudimos a unha das tendas máis famosas da zona (Kenny’s) para comprar souvenirs e regalos para as familias. E de paso, sacamos fotos no paseo marítimo e  no “trono” de ferro con forma de corazón. Calquera cousiña nos vale para entreternos!

bandeira-o-canto

con-ola-no-paseo-maritimo-de-lahinch

Ao que todos tiveron acabado a clase, o persoal da Dive Academy (que ademais son a host family de Pablo), tiñan preparados para nós unha serie de videos destinados a comprender mellor e consolidar os coñecementos adquiridos pola mañá. Logo diso, entregáronnos os nosos diplomas de iniciación no buceo e invitáronnos a un pequeno piscolabis. Como nos sobrou unha media hora, ofrecéronnos a posibilidade de facer unha “disco” improvisada, apagando as luces e poñendo a música a tope. E que ben o pasamos! O certo é que se desviviron por nós e intentaron facernos o día moi agradable.

entrega-de-diplomas

entrega-de-diplomas2

E xa entrada a tarde, as familias recolléronnos para levarnos á casa. Hoxe é domingo, e os rapaces teñen o día para estar con eles e para descansar da voráxine semanal!

Ata mañá, entón!

Un saúdo de Antonio, Paloma e Eva.

ENNISTYMON 23/09 – Pool/Snooker e Table Tennis

Bos dias dende o condado de Clare!

Aquí volvemos a estar para poñervos ó día do que está acontecendo por estes lares.

O venres foi unha xornada diferente ó resto. É  o único día da semana no que os rapaces poden sair antes das clases e nunha das escolas, ata poden desfrutar da oportunidade de levar súa propia roupa e liberarse do uniforme.

Así que con iso de sair cedo da escola, poidemos aproveitar un anaco de tempo para visitar o pobo. Ennistymon é pequeno. Ten únicamente unha ou dúas rúas principais. Pero non queriamos desaproveitar o tempo por pequeno que fora. Primeiro, paramos para tomar o lunch, e a continuación tomamos uns dez minutos para comprar nun supermercado local. Seguidamente, dirixímonos á beira do río para tomar fotos das cascadas de Ennistymon. Unha  pena que a presa estea en obras. De todas maneiras, iso non foi impedimento para facer foto grupal e “selfies” varias.

frente-as-cascadas

Seguindo a beira do río, demos un paseo ata que xa se achegaba a hora das actividades. Tivemos a sorte de ver na nosa ruta, a unha familia de burros (supoñemos que o eran aínda que eles non quixeron confirmalo) que pacían tranquilamente na súa finca. Algúns démoslles de comer, e outros só se adicaron a chamalos e a facerlles fotos. Se é que con pouco, somos felices!!!.

dandolle-de-comer-os-burros

Cando finalizou o paseo, dirixímonos a un centro social local onde nos prepararon unha serie de xogos para o noso desfrute: billar, videoconsolas e pin-pon. Todos participaron e competiron entre eles. E supoñemos que houbo piques e ambición por gañar. Pero o importante, é que seguimos sendo amigos despois de todo!!! Deixámosvos unhas fotografías para atestiguar o momento.

tabletennis partida-de-consola partidin%cc%83a-de-billar pero-a-ver-vale-ou-non-vale-ese-tiro_

Mentres tanto, despedímonos ata novos posts!

Unha aperta do Ennistymon team!

ENNISTYMON 22/09 – Irish Music

Bos días!

Aquí estamos un día máis para contarvos todas as novidades da nosa estancia no estranxeiro. Os rapaces están empezando a estas alturas a adaptarse ó día a día do programa. Pola mañá, son as súas familias as que os achegan na escola. Ás catro menos cuarto saen  das clases e dirixímonos camiñando ó lugar onde se realizan as actividades. Ó finalizar, as súas familias recóllenos para levalos á casa. Pouco a pouco van facendo amigos na escola e integrándose coma un máis. Iso significa atender nas clases ou incluso facer exames!!. E así, pouco a pouco, vai pasando a primeira semana.

Onte tocou actividade de música. Pero foi unha sesión distinta á anterior. O monitor non era outro que Ronan, un alumno da C.B.S que acompañado dunha guitarra, ensinou ós rapaces a letra de tres cancións  que deben aprender para o Show que se celebrará o día da despedida nun dos centros socioculturais de Ennistymon. Ronan, deixou impresionados a rapaces e monitores con súa voz e habilidades musicais. O próximo mércores será de novo o noso monitor e penso que xa están desexando repetir. music-class3 ronan-demostrando-seu-talento music-class

espejo-espejito-hay-alguien-mas-guapo-que-yo_

risitas-nerviosas-en-irish-music

Hoxe por ser venres, os tres grupos saen antes da escola. E terán un anaco de tempo libre antes das actividades para descubrir Ennistymon. Despois acudiremos ó North West Clare Family Resource Centre, que é onde acuden os rapaces da vila os venres pola tarde a disfrutar de tempo de esparcemento. Alí poderemos unirnos a eles, coñecernos e mezclarnos mentres disfrutamos das instalacións destinadas ó ocio (billar, pin pon, etc…).

Mañá xa é fin de semana. Seguimos informando.

Unha aperta do Ennistymon Team!

ENNISTYMON 21/09 – Terceiro día

Saúdos de novo dende a illa Esmeralda!

Aínda que o día amenceu gris e ventando (como non podía ser doutro xeito na terra da choiva), chegamos ás clases animados e dispostos a aprender e participar. Os nosos “buddies” axúdannos moito e cada vez levámonos mellor cos nosos novos amigos irlandeses. Pouco a pouco ímonos adaptando ás rutinas locais e os horarios, que son un pouco diferentes dos nosos.

os-rapaces-da-vocational

Os moz@s da Vocational diante do centro.

Para moitos de nós foi unha grata sorpresa descubrir que podemos seguir as leccións sen problema (mesmo as de matemáticas!).

Tralas clases fomos ao “Community Centre” da vila, onde nos estaba agardando Patrick para iniciarnos na música e nos bailes de Irlanda.

before-dancingo-grupo-con-patrick

Axiña nos cambiamos de roupa e xa estabamos preparad@s para bailar. Patrick ensinounos os pasos e en pouco tempo xa pareciamos auténticos bailaríns irlandeses.

irish-music-and-dancing

Practicando os pasos.

martin-vicente-on-fire

Hoxe en Irlanda, mañá en Broadway!

Despois do baile tamén tivemos ocasión de escoitar e cantar unha canción tradicional irlandesa titulada “My Lovely Rose of Clare“. Abaixo deixámosvos a letra e a música!

singing-my-lovely-rose-of-clare

Cantando “My Lovely Rose of Clare”.

Chorus
Oh My Lovely Rose of Clare
you’re the sweetest girl I know
the queen of all the roses
and the pretty flowers that grow
you are the sunshine of my life
so beautiful and fair
and I will always love you
my lovely rose of Clare

Oh the sun it shines out like a jewel
on the lovely hills of Clare
as I walked along with my sweet love
one evening at the fair
her eyes they shone like silver streams
her long and golden hair
and I have won the heart of one
my Lovely Rose of Clare

As we walked down by the riverbank
watched the Shannon flowing by
and listening to the nightingale
sing songs for you and I
and to bid farewell
to all so true and fair
for I have won the heart of one
my Lovely Rose of Clare

Un saúdo e manterémosvos informados!! 🙂

ENNISTYMON 20/09 – Primeiro día de cole

Ola de novo dende o condado de Clare!

O segundo día foi, coma sempre que un chega a un lugar novo e totalmente descoñecido, algo apabullante. Pero nada co que non podamos lidiar perfectamente.

Chegamos as escolas e asignáronnos a cada un o noso buddy. Eles van ser os encargados de estar connosco e guiarnos un pouco polos centros para que saibamos ben onde temos que estar e a onde temos que ir. Así que a nosa estancia comezou vendo como traballan nas escolas e o que estudan nas aulas.

S. M. Girls comendo Grupo do CBS diante da escola

Pola tarde viñeron os nosos monitores a recollernos e fomos xuntos ao Community Centre, no que tivemos unha divertida e intensa actividade de basketball co profe de Physical Education do CBS na que corrimos, saltamos, lanzamos a canasta e xogamos como auténticos membros da NBA.

Basket no Community Centre Actividade de Basketball

Cando rematamos a actividade, ben acalorados e exercitados, viñeron a buscarnos as nosas familias irlandesas para marchar para casa. Veremos que nos depara o día de mañá. Con enerxía!

19 de setembro. Día 1 en Ennistymon

Bos días dende o condado de Clare!

Onte foi un día longo. Dende as once da mañá, os rapaces comezaron a chegar ó aeroporto para sair destino Madrid tras a breve visita de Abel Caballero (alcalde da cidade de Vigo), que desatou a locura das “selfies”… Todos os rapaces querían ser protagonistas do momento. Tras a facturación, e o posterior embarque chegamos a Madrid sen retrasos e incidencias. Alí tivemos que facer unha brevísima escala na que non nos dou nin tempo a respirar con tranquilidade. Pese a ser sobre 104 persoas viaxando ao mesmo destino, todo fluiu con normalidade, incluso á nosa chegada a Dublín onde non tivemos que esperar apenas polas maletas.

img_20160919_125301

Ó sair da área de recollida de equipaxe, estaba agardándonos cun carteliño a nosa organización local, que nos levou ao autobús no que pasamos máis de tres longas horas para chegar a destino. Nembargantes, a anécdota do día estaba servida. A medio camiño, a organización tiña preparado un lugar para parar a repoñer enerxías. Unha área de servicio en honra a Barack Obama. Sí. ESE Barack Obama… the one and only United States of America’s President. Ao parecer, os seus ancestros pertencen á zona na que se construiu este local e por ese mesmo motivo, leva o seu nome. O  colofón pono o merchandising adicado a él  (e a outros presidentes) que se pode comprar nas tendas que compoñen o establecemento.

img_20160919_180236

 img_20160919_203052 img_20160919_204935

Os rapaces aproveitaron para cear e refrescarse, que xa facía falla. E despois de media hora de pausa, tocou novamente retomar o noso camiño a Ennistymon, onde xa os estaban esperando as súas host families cun carteliño co seu nome. O recibimento foi efusivo e raudo, algo así como “a fume de carozo”. E en dez minutos  todos estaban camiño de súas casas  para estas tres semanas.

Hoxe está previsto que abandoen a escola ás 15:45 e a actividade prevista é o Basket.

Xa vos iremos contando qué se coce!

Saudiños do Ennistymon Team!