CASTLEDERMOT – 25 Setembro – Who I am?

Vamoooooooos!!!

Segundo día de clase, e xa nos dan os horarios do resto de días da semana. Xa temos resolta a duda de cando temos que levar o chandal para P.E. (E.F.) e podemos respirar máis tranquilas e Marcos tamén.

Polo demáis ben, situando as aulas para ir ás clases. A consecuencia de que sexamos as novas estrelas do centro, fai que a subdirectora Ms. Wafer nos dera a benvida ao centro nas redes sociais e desexándonos unha estancia proveitosa e agradábel.

Algunhas dás asignaturas descoñecidas para nós son Home economics;  Business; Carrers; Wood work.

Xa pola tarde fixemos unha compra rápida, aprovisionamento de comida para levar unha dieta equilibrada, vaia, o que vén sendo galletas, chocolate e refrescos. Unha vez rematada a compra. Buscamos un parque para estar todas xuntas, bueno, máis cá un parque é unha zona verde.

Cometido da tarde xogar a Who I am? (Quén son?) Sentadas en círculo Marcos nos colocaba un papel co nome dunha personaxe famosa sen que cada unha de nós soupésemos cál é a personaxe que nós tocou. Para adiviñar a personaxe íamos facendo preguntas de tal xeito que as demáis só podían responder con yes ou non.

Iso sí, non tíñamos nin idea que Pablo Casado teña coleta e que church traducido a castelán fose Casado e non Iglesias. Como nós é esta *****, como faga así nas eleccións xerais do 2024 é capaz de gardar o sobre dentro da papeleta. Jajajaja.

Pero bueno algunha de nós sufrimos para adiviñar, Susana non, foi a primeira en adiviñar a súa personaxe, Cleopatra, debe de ser que como as dúas son divas, están conectadas.

E para cantar tamén nós deu: “I’m a Barbie girl in a Barbie world / Life is plastic, it’s fantastic…”, que non se diga que non temos cultura musical dos 90.

avatar

Marcos Villaverde

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *