CASTLEDERMOT – 1 Outubro – Mass & Charades

Hoxe comenzamos o día un pouco parviñas, que se ven o furacán! Que vai a pasar conosco? Vamos a saír voando!!

Voando non, pero a pé nós tocou ir a igrexa ao lado do instituto. A unha celebración da misa na cal asiste todo o centro, alumnado e profesorado, nun acto que fan unha vez ao comezo de curso.

Na misa ao comezo o director Mr. Gaughran entre outras cousas mencionoulle ao alumnado de “Show respect and do your best” (Mostra respecto e da o mellor de ti mesm@). Ao longo da misa ademais da intervención de alumnado e profesorado nás lecturas, destacar o coro e a música en directo das mozas do centro, cá dirección da mestra de música (no órgano).

Xa pola tarde antes das actividades fomos outra vez ao súper, que estabamos famélicas.

A actividade de hoxe é Charades, representar con mímica unha palabra. A cal representaba unha de nós e outras dúas tiñan que adiviñala. A verdade que a algúnha non se nos deu mal, especialmente ás fáciles.

Nesta foto vemos a Valería, representar Spicy (picante) para que adiviñen Spice girls.

E nesta outra, a Antía que cun só xesto consegeu que adiviñaran Disney Channel.

avatar

Marcos Villaverde

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *