Broadstairs. 13/10/17 Chegou o día!

Parece que foi onte cando estabamos en Vigo esperando o voo dirección Londres. E diso xa hai 3 semanas! Como ben sabedes maña xa estamos de volta. Seguro que non vos esqueciches de ir preparando as empanadas e as tortillas…

Nos polo momento tivemos un día especial! Desfrutamos dunha maña de teatro inglés; e para o lunch… Hoxe xantamos con compañía inglesa! É dicir, cos nosos buddies, que puideron desfrutar con nos das películas que fixemos a semana pasada! Ademais tamén repartimos os premios ós mellores diarios e pechamos a xornada de estudo con chocolatinas para todos!

Tamén cabe resaltar que hoxe voltamos ó BEC un bocadiño máis tarde, as despedidas dos nosos buddies ben merecían 15 min de abraciños e mimos. Pero isto so é un “see you later”!


Así que a facer as maletas é a prepararse para a última noite! Hoxe toca karaoke 🙂

Un pensamiento en “Broadstairs. 13/10/17 Chegou o día!

  1. ¡Boas noites!
    Moitisimas gracias por termos informado de todo e por coidar tan ben dos nosos rapaces.
    Unha aperta, pasadeo moi ben esta noite e boa viaxe de volta!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *