Broadstairs. 10-11/10/17. Tic-Tac

Xa non queda nada! Cada vez estamos máis preto de coller ese voo dirección Vigo para deixar o noso querido Broadstairs. E que xa somos uns máis!

Onte tivemos a nosa primeira clase de ximnasia neste país. Xogamos ó brilé, ós relevos , ó baloncesto… E aínda así tivemos forza para unha vez máis acudir ó BEC pola noite e xogar a xogos de mesa! Tiñamos programado mini-golf pero non puido ser… Será que teremos que voltar? De ser así seguro que nos recoñecerían, xa que algúns dos/as nosos/as alumnos/as xa están no muro da fama. Aquí van algunhas fotiños!


Hoxe tamén temos unha proba de nivel de inglés para ver canto melloraron os/as alumnos/as durante estas tres semanas! E despois temos ximnasia! Pero desta vez toca baile e brilé con cogomelos! Todos ready!


Dous días de pura diversión e aprendizaxe! Así que toca relaxarnos un pouco pola noite e facer algúns xogos de “pega”, deses de pensar e darlle o coco!

 

 

E o broche final… TA TA TA CHAAAAAAAAAAAAAAN! Por fin poderemos ver as “movies” que fixeron a semana pasada!

Isto é todo por hoxe familias!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *