BIDEFORD 11/10 – Goodbye, friends!

Ola, familias!

Benvidos á penúltima entrada do blog, na que vos contaremos as novidades deste martes, día 11 de outubro. Hoxe, cando apareceu Amy, parecía Papá Noel, xa que viña cargadiña con 12 bolsas de papel que levaban escritos os nosos nomes. Que había nesas bolsas sorpresa? As nosas creacións do día 07/10, de cando fomo ao Appledore Crafts Cafe (premede no nome do local para acceder á entrada dese día) e coloreamos unhas figuras de cerámica. Pois hoxe, por fin, conseguimos ver cal foi o resultado. Velaquí tedes unhas fotos coas nosas obras de arte: rás, avións, delfíns, renos, mouchos, elefantes, bolboretas, peixes, xoaniñas.

img_20161011_140330img_20161011_140240 Algúns de nós levaremos as nosas obras de arte connosco de volta a Vigo; outros, darémosllas ás nosas familias anfitrionas a modo de agasallo, para agradecerlles a amabilidade coa que nos trataron ao longo destas 3 semanas.

Aínda que nos imos ver mañá, hoxe foi a despedida oficial dos nosos compañeiros ingleses. Para iso, reunímonos todos na aula de español, comemos xuntos os nosos packed lunch e probamos a tortilla rechea que cociñou a nosa monitora española.
img_20161011_133624

Antes de irnos a Barnstaple, participamos nunha dinámica de despedida que consistiu en escribir mensaxes positivas para dar as grazas e decir adeus aos nosos buddies. Foi unha boa oportunidade para plasmar por escrito as nosas emocións e deixar un breve texto de recordo neste país de acollida.

img_20161011_135133 img_20161011_135156

As despedidas sempre son emotivas, pero o feito de vernos mañá facilita este proceso. Aquí podedes ver unha foto de todos nós. Unha foto que pode pasar á eternidade:

img_20161011_133521

Despois de moito insistir, convencemos ás monitoras para poder gozar de máis tempo libre en Barnstaple para celebrar unha cea de despedida dos nosos buddies. Fomos todos ao Pizza Hut e aquí podedes ver unha das fotos da cea:

img-20161011-wa0007

Foi unha velada moi agradable, que compartimos con xente marabillosa e na que houbo algunha que outra bágoa.

img-20161011-wa0008

O mércores será o derradeiro día de clase. Non queremos que esto remate, que alguén lle diga ao alcalde que queremos ampliar a estancia! Por se non logrades convencelo, imos pechando as maletas e intentaremos descansar moito esta noite… 🙂

Deica mañá!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *