BIDEFORD 08/10 – Excursión a Ilfracombe!

Ahoy!

As nove da mañá poñemos rumbo a Ilfracombe!! Trátase dunha vila do norte de Devon, a rexión na que nos atopamos. Como dato curioso direivos que esta cidade é considerada o mellor destino de vacacións de verán para os inleses dentro do seu país, desde a época victoriana ata o día de hoxe.

img_20161008_095449

A liña da costa está chea de acantilados e praias que, sen dúbida, lucirían máis nun día soleado. Nada máis chegar, percorremos o paseo marítimo e puidemos contemplar as vertixinosas paisaxes. Amy explicounos algúns datos curiosos sobre esta zona, como o feito de que durante a época victoriana, debido á prohibición de que homes e mulleres compartisen o mesmo espazo de baño nas praias, os traballadores de Ilfracombe cavaron túneles nos acantilados para permitir o acceso a pequenas calas, para que a xente, segregada por sexos, puidera gozar do mar na intimidade.

img_20161008_101542Outro dos datos curiosos sobre Ilfracombe é esta estatua de 20 metros de altura, que leva na vila só desde 2012. Trátase da figura dunha muller espida que se ergue sobre unha base composta por unha morea de libros, que conteñen leis e información sobre dereitos. Verity, que é como se chama a obra de Damien Hirst, sostén unha espada na man esquerda, que podería simbolizar o seu poder, e unha balanza da xustiza na man dereita. É curioso o feito de que un dos seus perfís  da estatua amósanos o seu corpo sen pel, polo que vemos o seu interior, as súas entrañas, os músculos, osos, e ata o feto que leva no seu ventre. En teoría esta estatua é unha alegoría da verdade e a xustiza, pero o certo é o autor deixou a porta aberta a múltiples interpretacións. Como podedes imaxinar, a súa presenza na vila foi motivo de controversia e provocou unha división de opinións entre os veciños deste concello do norte de Devon: bonita ou desagradable? Reclamo turístico ou esperpento que vai espantar tanto a turistas como a veciños? A polémica está servida.

img_20161008_095953

Fixemos una photo hunt, unha competición por equipos na que tivemos que sacar as mellores fotos pola cidade, seguindo as normas que marcaba un listado que nos deron. O resultado foi moi divertido e destacou pola creatividade das respostas. Logo, antes de comer, fomos a facer unha ruta en barco. O capitán foinos explicando todo o que podiamos ver desde a borda. Aquí vos deixo algunha foto:

img_20161008_130029_1_opt

Tivemos tempo libre para explorar e, despois, regresamos á casa coas nosas familias. Mañá é o último domingo en familia. A ver que plan nos teñen preparado.

Deica logo, familias!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *