BIDEFORD 05/10 – Beach Olympics!

Ola de novo, familias!

Hoxe toca facer deporte na praia de Westward Ho! As Beach Olympics! Esta vez teremos sorte co tempo, xa que poderemos ver este rincón máxico nun día soleado, non como a última vez que viñemos, que nos pillou a choiva polo camiño.

05-oct-westward-hoA praia ata a que chegamos camiñando por enriba dunha morea de cantos rodados resalta polo enorme e plana que é e pola pouca inclinación que ten. Debido ás súas características, coa preamar é case imposible ver nin tan sequera un metro da area da praia, xa que as ondas baten con enerxía na barreira de cantos rodados pola que camiñamos. Porén, cando a marea está baixa, déixanos un amplísimo espazo para xogar, pasear, gozar dun baño e de fermosísimas paisaxes como as que podedes ver nas fotos seguintes.

05-oct-playa-de-westward-ho05-oct-playa-de-cantos-rodados

Durante a tarde de hoxe corremos, bateamos, construímos, xogamos e divertímonos. Fixemos unha competición de montañas rusas. A proba consistía en deseñar e modelar a mellor montaña rusa de area para unha pelota de pimpón, traballando en pequenos equipos. Para declarar cal sería o equipo gañador, as xuízas tiveron en conta aspectos como a seguridade (a bola non podía saír disparada), o funcionamento (a bola debía chegar ata a fin do percorrido), a dificultade técnica (porque non é o mesmo un percorrido en liña recta que incluír reviravoltas) e a beleza (canto máis bonito mellor).

05-oct-beach-olympics-1_opt

05-oct-beach-olympics-8_opt

Para outra das probas destas olimpíadas na praira, Amy aprendeunos as regras dun xogo típico moi popular entre a xuventude inglesa. O nome do xogo é rounders. O xogo é parecido ao béisbol, xa que hai que batear e conseguir dar unha volta ao campo.

05-oct-beach-olympics-9_opt

C05-oct-beach-olympics-10-marcador_optomprendemos rapidamente o funcionamento do xogo e participamos todos. En xeral, déusenos ben e puxémoslle ganas, pero non se pode omitir a realidade neste punto, xa que un equipo foi o clarísimo vencedor, cun marcador  de 10 a 46. Estratexia? Sorte? Se cadra hai que xogar a revancha para responder a esas preguntas…

Antes de regresar ás nosas casas, tivemos algo de tempo libre en Westward Ho! Alí, algúns de nos quixemos probar os típicos xeados da zona, xogar nos recreativos, pasear polas rúas principais… Tamén hai que dicir que nos atopamos cun dos nosos buddies que tamén aproveitara o bo tempo para ir á praia, estaba practicando surf. Menuda casualidade!

    05-oct-helado-tipico 05-oct-con-un-buddy-2

Foi un bo día, pero isto aínda non remata aquí. Mañá máis e mellor. Temos que exprimir os poucos días que nos quedan para gozar desta experiencia.

Unha aperta enorme, familias! Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink 🙂

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *