Bath, days 3& 4

Hiya! How are you doing these days?

Aquí en Bath vai todo ben, se ben aínda nos seguimos acostumando á cidade, aos horarios e demais particularidades inglesas.

Como sabedes, domingo, amais de intentar recuperar o sono perdido dos días previos, era un día para pasar coa familia. Así, dúas das nosas estudantes foron coa súa host mother até a costa de Lyme Regis. Parece que xa imos botando en falta o mar.

O resto reuníronse no city centre, para empezar a explorar a cidade de Bath, ir en barco polo río que a atravesa ou achegarse xa a algunha das súas tendas. Houbo quen xa descubriu que o hot chocolate inglés moito lle ten que envidiar ao que facemos nós.

Un pouco antes da tardiña, comezaron a volver todas e todos para cada, que era hora de cear e intentar ir descansar.

Luns tocábanos madrugar outra vez, porque co comezo da semana comezaba tamén a school integration. Ás 7.30 quedabamos todas e todos de novo na Bath Bus Station para coller, como moitas e moitos british students, unha das liñas de transporte público cara á St. Gregory’s School

Alí chegamos pasadas as 8.15, co staff do colexio agardando para darnos os diferentes timetables e amosarnos as instalacións. E, se ben coñecer aos e ás buddies quedaba para martes, xa varias delas se achegarons ás nosas e aos nosos estudantes para indicarlles a que clase ir unha vez sonou o timbre. Era hora de descubrir as diferentes materias do día! 

Nós despedímonos delas e deles até as 15.10, cando os fomos recoller. Primeira foto grupal onde o colexio, e bus de novo cara a Bath.

Na estación de buses esperábanos Charles outra vez, quen sería o encargado de guiar o tour pola cidade.

Un cafeciño rápido antes da afternoon activity


Comezamos dirixíndonos até a
Abbey, onde xa atopamos un exemplo dos músicos de rúa.

De seguido fomos topar cos famosos Bath buns en The Bath Bun Tea Room e a Sally Lunn’s Historic Eating House & Museum. Con sorte, as nosas rapazas e rapaces proban algún destes dous tipos de boliños doces antes de marchar. 

A continuación, fomos contemplar os Parade Gardens. Alí, no medio dos xardíns, está a estatua do King Bladud (fundador da cidade de Bath e pai do King Lear shakesperiano) xunto a un dos seus porquiños.


Cruzando a ponte, chegamos á outra beira da canle, na que nos explicaron o funcionamento da
weir. É dicir, unha barreira construida no leito do río que permite controlar o nivel da auga e regular o seu tránsito para evitar as crecidas. 


Continuaba o noso
tour xusto ao lado, onde o Pulteney Bridge. Unha das catro pontes do mundo (xunto co Ponte di Rialto, o Krämerbrücke e, por suposto, o Ponte Vecchio fiorentino) que conta con tendas ao longo do seu interior. 

Seguimos camiñando, atopando a post office desde onde saíu a primeira carta con selo do mundo, para chegar xunto ás Assembly Rooms que frecuentaron figuras como Charles Dickens ou Jane Austen.

Xa cara ao final do tour fomos ver The Circus. Unha rúa circular (co mesmo diámetro que Stonehenge) dividida en tres seccións, e onde se atopan 525 símbolos diferentes nos frisos das fachadas curvas.

Vencellado a este lugar, a última parada sería The Royal Crescent. Un conxunto de 30 terraced houses construídas en forma de cuarto crecente no século XVIII, e actualmente unha das zonas máis exclusivas da cidade. En fronte, un gran parque, onde poder tumbarse a descansar.

Porén, as nosas alumnas e alumnos aínda tiñan ganas de pasear un chisco máis e, unha vez finalizado o roteiro, moitas e moitos quedaron en Bath un chisco máis antes de marchar cear.

Quedaban folgos até para gravar un TikTok

E para cama todas e todos, que hoxe, vai ser un día especial. Porque, ademáis de coñecermos ás e aos buddies no colexio, toca visita ao Concello (e, quen sabe, quizáis algo máis).

See you!

avatar

Cecilia Doforno Nóvoa

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *