Bath, days 13 & 14: como extras de Bridgerton e Harry Potter

Nice to see you! 

Esta segunda semana parece que marchou volando e, cando nos quixemos dar de conta, estamos xa a venres. Pero antes debemos falar do que fixemos estes dous días anteriores. 

Mércores pola mañá, na academia, as rapazas e rapaces estiveron recreando o Dragons’ Den. Un programa de televisión británico que permite a diferentes entrepreneurs o presentaren a súa novidosa idea de negocio a un panel diferentes inverstors (no programa, coñecidos como “Dragons”), buscando financiamento a cambio dunha porcentaxe do seu futuro negocio. Partindo desa premisa, e por grupos, as e os estudantes tiveron que deseñar un produto e preparar unha breve presentación do mesmo. Un armario intelixente, un reloxo para porse en forma, cubertos feitos a partir do óso do aguacate… Todo o seu talento para tentar convencer aos esixentes dragons. Déixovos aquí algunhas instantaneas de como foron os pitchings, a ver que vos parecen. Invertiríades nalgunha idea?

Pola tarde, despois do tempo do xantar, a afternoon activity era a visita ao Holbourne Museum. Hai que confesar que, se a moitas lles facía ilusión, non era tanto polo contido da colección de arte, senón porque o museo é unha das localizacións que aparece nas dúas tempadas da serie Bridgerton, como a casa de Lady Danbur. Con todo, semella que os diferentes cadros, esculturas e diversos artefactos finalmente si que tiveron máis éxito do esperado entre as rapazas e rapaces.

Ao remataren, tiveron un pouco máis de tempo libre (durante o que, por exemplo, aproveitaron para mercar algún que outro disco). E, seguidamente, marcharon todas e todos para casa. 

Somos fans

Xoves, o día comezaba con algo de néboa. Porén, nin a mínima incidencia climática ía empanar os afternoon plans. Pero aínda quedaba pasar a mañá no learning centre de ELAC, onde desta vez estiveron aprendendo sobre países e territorios. E, xa pola tarde, chegou o momento que andaban esperando: free time. Algunhas e algúns decidiron ir ao No.1 Royal Crescent. Unha casa museo restaurada que permite imaxinar como era a vida das clases altas no Bath xeorxiano do século XVIII. 

E, mentres, dúas das nosas estudantes marchaban coa host a un gran mercado de Nadal (para que vexades que non só en Vigo se anticipan estas festas), indo despois a Lacock. Unha das vilas onde se rodou Harry Potter. Nós, como grupo, este sábado tamén imos ir a outra. Podedes imaxinar cal é?

📸: Alba S.

📸: Alba S.

📸: Alba S.

Pero iso quedará para a próxima entrada, onde tamén vos contaremos que tal nos vai hoxe no Trampoline Park. Estade atentas e atentos ás fotos que consigamos sacar, a ver se logramos que non salga ningún móbil voando. 

‘Till next time!

avatar

Cecilia Doforno Nóvoa

5 pensamientos en “Bath, days 13 & 14: como extras de Bridgerton e Harry Potter

  1. Moi boas fotos! Non sei quen as tomou pero noraboa. O mellor invento de economía foi o meu sen dúbida algunha. Ei de obxectar que o outro grupo facía trapicheos para ganar.
    Cecilia e Jesús os mellores!
    Comentario feito por unha acuario sen sentimentos.

  2. Fotos moi ben feitas e unha calidade impresionante. O invento do paraugas foi o mellor despois do reloxo. A blogueira é moi amable. Non me quero ir e vou chorar cando o faga

  3. Esta a ser unha experiencia inolvidable e teño por seguro que o último día imos chorar. Temos os mellores monitores que nos podían tocar sen dúbida algunha.
    Quedanos poco tempo aquí pero imos disfrutalo a tope!!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *