COSTESSEY 27/09 – Visita ao Castelo e Disco!

Bos días familias!

img-20160927-wa0021

Hoxe tivemos un día do máis animado, despois de unha mañá de clases, saímos dirección á cidade para facer unha visita cultural ao Castelo de Norwich. Alí pasámolo como ananos disfrazándonos, sacando fotos e coñecendo máis sobre a historia da nosa cidade.

img-20160927-wa0010Mais a visita tivo que ser corta, xa que todos queriamos marchar cedo para ter tempo de cear e arranxarnos, xa que ás 19.30 tería lugar a que se converteu xa na mellor actividade das realizadas por agora, a noite de discoteca.
20160927_200734-compressed
Pasámolo todos xenial, xa que foi a única actividade que fixemos todos os grupos que estamos pola zona xuntos, os de Norwich, Costessey, Hellesdon e Thorpe. E por se fósemos poucos, tamén viñeron os nosos buddies e máis amigos do instituto. As dez da noite chegaron demasiado pronto, mais estamos seguros de que mañá pola mañá imos agradecer non ter ficado até máis tarde.

E mañá continuaremos cunha tarde de xogos, así que até máis ver!
img-20160927-wa0036

Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

COSTESSEY 26/09 – Sport at Ormiston Academy

Ola a todos!

Despois do tan esperado día de descanso coas nosas familias e compañeiros, demos comezo a un novo día na Ormiston Academy.

Despois das clases e tras poñernos a roupa de deporte, dispuxémonos a gozar dunha tarde de deporte no centro.

img-20160926-wa0035-compressed

Comezamos con moitas ganas, uns quixemos xogar ao fútbol no campo do instituto e outros optamos por lanzarmos uns tiros á canastra con máis ou menos sorte, mais polo menos aproveitamos para rirmos e falar coas compañeiras.

Mais xusto na metade da actividade, cando mellor o estabamos a pasar, tivemos que rematar antes por mor do clima, mais sendo galegos un pouco de auga non nos asusta o máis mínimo, así que recollemos todo e fomos para casa, que así tamén aproveitamos para pasarmos unha horiña mais coñecendo as nosas familias. Mañá máis e de seguro que mellor!

sam_3412-compressed

Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

 

COSTESSEY 24/09 – Excursión a Cambridge

Bos días familias!

Hoxe tivemos a tan esperada excursión á cidade de Cambridge. Ás 9 da mañá collemos o autobús para unha hora e media despois chegarmos ao destino.

img-20160924-wa0024

Por se non o sabedes, Cambridge é a segunda universidade máis antiga do mundo, só por detrás de Oxford, e nela estudaron personaxes tan importantes como Newton, Stephen Hawking ou Lord Byron. E por se iso non fora pouco, non foron nada menos que 14 os Primeiros Ministros que saíron desta universidade!

Aos rapaces encantoulles esta cidade tan chea de vida e historia, e coas horas libres das que dispuxemos aproveitamos para perdernos polas súas rúas e cafetarías, e sacar unha chea de fotos para que non se nos esqueza nada cando cheguemos a casa. Ademais que sei de boa tinta, que non fun a única a que nalgún College lle parecía estar no medio de algún filme de Harry Potter!
img-20160924-wa0072
Mañá, ao ser o noso día libre, aproveitaremos para estar coas familias e dispoñer dun pouco tempo para nós, que xa nos imos merecendo un respiro de tanta actividade! Un saúdo a todos e luns volveremos con máis novidades.

Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

COSTESSEY 23/09 – Scavenger Hunt!

Ola a todos!

Hoxe foi o noso segundo día no instituto, aínda que para todos podería contar como o primeiro propiamente dito.

A pesar de levar tan pouco tempo, chegamos case todos sen problema e desexando comezar o día, que non se diga que non lle poñemos ganas!

Coa comida traída da casa e coa axuda dos nosos buddies e monitoras comezamos as clases do día con esa mistura de nervios e emoción que esta caracterizando esta viaxe.

sam_3399-compressed

Unha vez rematadas as clases, volvemos coller o autobús para irmos a cidade (e si, seguimos emocionándonos coma o primeiro día e querendo ir todos no segundo piso, seguro que a vós tamén vos pasaría o mesmo).

Unha vez que chegamos ao centro comercial tivemos que realizar un xogo. Este consistía en ir por todo o lugar sacando fotos de obxectos que comezasen por cada unha das letras do abecedario. Como non, moitos de nós aproveitamos para entrar no Poundworld e comprar algunhas cousiñas, que por un 1£ a ver quen se resiste!
sam_3395-2-compressed-1
sam_3389-1-compressed
Con este xogo aproveitamos para explorar algo máis o centro comercial, facer algunhas compras, e coñecer mais aos nosos compañeiros de equipo e de grupo.

Ao final o gañador, como sempre pasa nestas cousas, foi o de menos, pero o que si podemos dicir e que pasamos unha tarde xenial e descubrindo mil cousas novas.

E agora, imos indo para a cama, que mañá temos que estar descansados para a excursión a Cambridge. (Nótasenos a emoción, non si? Ata mañá!)

Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

COSTESSEY 21-22/09 – Chegada e primeiro día de aulas

 

Ola dende Costessey!

Tras unha viaxe que semellaba eterna, onte a noite por fin chegamos a Costessey, onde tras coñecer as nosas novas familias daría comezo esta nova aventura.

img_20160924_224301-compressed

Hoxe foi o noso primeiro día de aulas na Ormiston Victory Academy e como tal estivo cheo de nervios e emoción por atoparnos nun lugar novo e descoñecido. Mais para iso foi para o que nos apuntamos!

Tras chegar á escola nos nosos uniformes, eses que tanto nos gustan… Recibimos os nosos horarios e presentáronnos aos nosos buddies, que serán os encargados de guiarnos polo novo colexio e dicirnos por onde temos que ir para as clases. Tamén fixemos un pequeno tour pola escola, que como xa vos dirían, fai boa falta, que con tanto edificio calquera sabe onde ten a seguinte clase!

Unha vez rematado no colexio tivemos un paseo por Norwich, onde puidemos ver e coñecer un pouco o centro e sacar as primeiras fotos da nosa cidade durante as seguintes tres semanas. Este paseo serviunos para ver e situar os principais lugares como os puntos de encontro, tendas e certos comerciais, que xa sabemos que son paradas obrigadas en toda viaxe!

E por hoxe coidamos que xa foi abondo, que estamos aínda moi cansos da viaxe e ao estar a final de semana hai que gardar tempo e enerxía para mañan e sábado coa visita a Cambridge. Seguiremos informando dende Costessey!