8 de outubro: Zumba class!

Bos días a todos e todas!

Isto xa se acaba! En catro días saímos para Vigo e xa case estamos preparando a volta aínda que a algún e a algunha ímolos ter que sacar a rastras do país. Pero, polo momento, continuamos coas nosas actividades e onte tocou Zumba class!! 

Todos demos aínda que fora algún pasiño de baile. Algúns non somos grandes bailaríns pero o importante aquí é participar, non é? Moitos foron caendo pouco a pouco, parando para coller un pouco de aire, un pouco de auga ou para enredar pola sala cos balóns de pilates…

Aquí vos deixamos os documentos gráficos.

Maria, Agus, Tania e Sara na clase de zumba Paulo e Pablo en zumba Veña esa man arriba! Xa non damos para máis! Zumba3

Ao final da actividade, o polideportivo obsequiounos cuns bonos de £2 para tomar algo na cafetería, boa falta nos facía un descansiño.

Hoxe toca LaserQuest, a ver como se nos da!

Un saúdo das monitoras

6 de outubro: Basketball!

Bos e chuviosos días desde Rotherham!

Parece que xa se acabou a sorte co bo tempo (xa era raro) e agora toca un pouquiño de chuvia. Aínda así, nós seguimos coas nosas actividades que por sorte onte eran a cuberto.

Acudimos unha vez máis ao noso polideportivo favorito para xogar un pouco ao baloncesto. Ao principio, dividímonos en dous grupos: uns para un partido e outros para practicar a puntería cunhas canastas, algo máis lixeiro.

No_basket[1]

Pouco lles durou o descanso a estes últimos porque aos dez minutos chegou un monitor para poñelos a andar. Tocou partido para todos, con indicacións en inglés e o noso “coach” marcando o ritmo. Tardaron ben pouco en pedir descanso!! Parece mentira, co novos que son, que pouco nos aguantan!

Elisa_explica_aos_seus_compañeiros_as_normas_do_xogo[1] Partido[1]

Hoxe toca Crazy Golf, veremos como se lles da!

Un saúdo e ata mañá familias!

5 de outubro: aniversario de Thomas e Treasure Hunt.

Bos días, familias!

Esperamos que por aí vaia mellorando o tempo. Aquí seguimos tendo sorte, algo xa nos choveu pero non nos podemos queixar. Xa so nos queda unha semana pola Winterhill School, isto vaise acabando!!

Aniversario de Thomas

Onte foi o aniversario de Thomas e, igual que fixemos con Agustina, cantámoslle un pouquiño durante a comida e logo puido compartir un pequeno pastel cos compañeiros. Estar lonxe da casa non é desculpa para non celebrar un aniversario!!

Ao sair da escola, fomos facer unha visitiña rápida á Catedral, que xa levamos aquí quince días e aínda non foramos. Isto non podía ser!

Despois fomos encontrarnos coa nosa English Leader, xa recuperada da lesión do sábado, para unha sesión de orientación pola cidade de Sheffield. Dividímonos en equipos de cinco persoas, repartimos unhas pistas e indicacións a cada equipo e alá fomos buscar o “tesouro”.

Analizando as pistas

Eran moitas pistas e moito recorrido para so unha hora de actividade. Correron moito (hai algunha á que aínda hoxe lle doen os pés) e o primeiro equipo chegou despois dunha hora e vintecinco minutos, pero con todo feito e ben feito! Noraboa aos gañadores: Elisa, Paula, Patricia, Aurel y Lucía.

Os gañadores da Treasure Hunt

Esperemos que descansaran ben esta noite, porque hoxe toca baloncesto!

Ata mañá familias, xa queda menos para vernos!

Un saúdo das monitoras, Eva e Silvia.

Ya sabéis que podéis ver todas las fotos del viaje en la galería de imágenes de Newlink.

30 de setembro: Disco Night!

Bos días, familias!

Hoxe, aínda que estamos moi cansos, non podemos deixar de publicar as fotos de onte para que vexades o ben que o estamos pasando aquí en Sheffield.

O día comezou moi cedo, coma sempre, para vir á Winterhill School. Pola tarde, en Tarde libre de comprasprevisión dunha noite moi movida, desfrutamos de tempo libre por Sheffield para tomar un café, facer algunhas compras ou mesmo houbo algúns e algunhas que marcharon cedo para casa para poñerse ben guapos!

Antes de entrar a disco

Ás oito en punto estabamos reunidos para entrar na disco: todo o grupo, os buddies que quixeron acompañarnos e mesmo algúns rapaces das host families. Así, mesmo no tempo de ocio, continuamos coa inmersión lingüística, que é o importante.

Hai quen bailou moito e parecía que non lle chegaban as dúas horas e hai quen pasou o tempo falando e cotilleando un pouco intercalando algún baile polo medio.

Parece que non lles gusta bailar...    Estas si que bailan!

Non vale a pena dicir máis, aquí vos deixamos as fotos dos rapaces, que é o máis interesante!

As buddies ensinando ao grupo novas coreografias

Pablo, Tania, Maria, Agus, Sara e Jaime na disco

Guille, Paulo, Paula, Lucia e amigas inglesas

Vigueses e Ingleses pasandoo ben

Charla cos buddies

Paulo e Paula aprendendo new dance steps

Carolina e Jaime na disco

Macarena

Ás dez viñeron as nosas host families para levarnos a casa e aínda había algún ao que lle sabía a pouco. Hoxe estamos cansos pero iso si, o próximo mércores repetimos!

Un saúdo das monitoras.

Ata mañá!!

26 de setembro. Day trip to Leeds!

Boas noites familias:

Hoxe non había escola pero os nosos rapaces non puideron durmir moito máis do habitual. A nosa viaxe a Leeds comezou ben cedo, ás nove xa estabamos no autobús. Tardamos pouquiño en chegar e ás dez entramos ao museo Royal Armouries de Leeds. Alí tivemos tempo de ver as distintas salas nas que se clasifican as armas e armaduras xeografica e cronoloxicamente.

Royal Armouries2

Royal Armouries1

Merecido descanso antes de ir para o centro

Guillermo, Martín e José Carlos facendo un descanso

Cando rematamos no museo decidimos deixar o autobús e coller o Water Taxi: un paseo polo río é sempre máis agradable.

Indo para o centro

No Water Taxi

De camiño ao centro

Unha vez no centro de Leeds, tivemos case tres horas de tempo libre. Os rapaces estaban desexando pasear ao seu aire e facer algunhas compras e hoxe por fin puideron facelo. Entre semana, coas clases ata as tres e as actividades de despois, é moi difícil facer compras: ás cinco e media está todo cerrado!

Case todo o grupo coa bandeira

No Royal Armouries coa bandeira

Pedindo indicacions para moverse por Leeds

Mañá é o día en familia, veremos que é o que cada host family ten preparado para eles e se teñen algo interesante que contarnos o luns.

Despedímonos ata a semana que vén!!

Un saúdo das monitoras Eva e Silvia.

25 de setembro. Tomamos o té en Browns

Boas noites familias,

Aquí estamos para contarvos o que está a acontecer polo noroeste do Reino Unido.

Coma esta mañá non tivemos acceso a Internet porque non foi día de escola, non puidemos actualizar o blog ata agora pero aínda así non imos deixar de informarvos.

Pola mañá os rapaces foron a clase. Os profesores están encantados con eles, tanto no que a vestimenta se refire coma a atención nas clases e ao nivel académico, e ao rematar na escola continuamos coa integración na cultura inglesa. Poucas cousas hai máis inglesas que tomar o té e alá fomos nós.

A punto de tomar o té

Os nosos rapaces tiveron a oportunidade de disfrutar do auténtico English Tea acompañado dos típicos pasteis e sándwiches e na hora apropiada, sobre as cinco da tarde.

Tea time

Algúns deles non parecían moi convencidos coa idea de tomar o té pero pareceron animarse bastante coa chegada da comida.

chegada da comida!

Let's have a tea, my darling

Despois da actividade do día, dirixímonos ás paradas de bus e tram para un merecido descanso, porque ao día seguinte tocaba ir a Leeds e había que recuperar forzas.

Un saúdo dende Sheffield!