Broadstairs. 13/10/17 Chegou o día!

Parece que foi onte cando estabamos en Vigo esperando o voo dirección Londres. E diso xa hai 3 semanas! Como ben sabedes maña xa estamos de volta. Seguro que non vos esqueciches de ir preparando as empanadas e as tortillas…

Nos polo momento tivemos un día especial! Desfrutamos dunha maña de teatro inglés; e para o lunch… Hoxe xantamos con compañía inglesa! É dicir, cos nosos buddies, que puideron desfrutar con nos das películas que fixemos a semana pasada! Ademais tamén repartimos os premios ós mellores diarios e pechamos a xornada de estudo con chocolatinas para todos!

Tamén cabe resaltar que hoxe voltamos ó BEC un bocadiño máis tarde, as despedidas dos nosos buddies ben merecían 15 min de abraciños e mimos. Pero isto so é un “see you later”!


Así que a facer as maletas é a prepararse para a última noite! Hoxe toca karaoke 🙂

Broadstairs. 12/10/17. Os últimos…

Sabedes esa sensación de nostalxia-melancolía que se achega cando estas a puntiño de fechar unha etapa? Seguro que si! Pois iso mesmo é o que estamos a vivir nas nosas carnes estes días…

Que se últimos días cos buddies…

Que se últimos recreos xuntos…

Que se últimos lunch na escola…

Que se últimos paseos a Broadstairs…

Que se últimas compras…

Que se últimas fotos…

 

E hoxe… Última disco! Desta vez xuntarémonos con italianas/os e alemáns! E para empezar a festa con bo pé, 15 minutiños antes repartiremos os premios ó mellor relato e o mellor debuxo! Onte por falta de tempo non puidemos entregalo… É que como vedes aquí o tempo voa!

 

Broadstairs. 10-11/10/17. Tic-Tac

Xa non queda nada! Cada vez estamos máis preto de coller ese voo dirección Vigo para deixar o noso querido Broadstairs. E que xa somos uns máis!

Onte tivemos a nosa primeira clase de ximnasia neste país. Xogamos ó brilé, ós relevos , ó baloncesto… E aínda así tivemos forza para unha vez máis acudir ó BEC pola noite e xogar a xogos de mesa! Tiñamos programado mini-golf pero non puido ser… Será que teremos que voltar? De ser así seguro que nos recoñecerían, xa que algúns dos/as nosos/as alumnos/as xa están no muro da fama. Aquí van algunhas fotiños!


Hoxe tamén temos unha proba de nivel de inglés para ver canto melloraron os/as alumnos/as durante estas tres semanas! E despois temos ximnasia! Pero desta vez toca baile e brilé con cogomelos! Todos ready!


Dous días de pura diversión e aprendizaxe! Así que toca relaxarnos un pouco pola noite e facer algúns xogos de “pega”, deses de pensar e darlle o coco!

 

 

E o broche final… TA TA TA CHAAAAAAAAAAAAAAN! Por fin poderemos ver as “movies” que fixeron a semana pasada!

Isto é todo por hoxe familias!

Broadstairs. 09/10/17. Última semana!

Estimados pais e mais;

 

Queríamos comunicarvos que estamos moi metidos na movida inglesa, polo que non deberíades abraiarvos se chegamos ó aeroporto e vos saudamos cun; Ey! What’s up?

A verdade é que temos sentimentos contradictorios en canto se queremos chegar xa a casa ou non. Sendo completamente honestos, a única razón pola que queremos voltar e para comer unha bóa tortilla, con calamardos, croquetas e unhas rosquillas da abóa. E xa é dabondo! Polo demáis, quedaríamos aquí un par de semaniñas máis… Bueno, vale, recoñecémolo… tamén os estamos a votar un chisco de menos! 😉

En canto o día de hoxe, foi un día do máis normal, xa o chamamos a nosa rutina Inglesa.

Hoxe pola noite, aínda que estamos moi cansos, ímos practicar un pouco de Street dance! Ímonos volver todos uns pandilleiros! Aínda que algúns xa o somos!!

Apertas e bicos para todos!

 

 

 

Broadstairs. 04/10/2017- Acción!

Hello ;D How are you dear familes! Here is being pretty good 😀
Ou o que ven sendo o mesmo: aquí estamos de novo para contarvos as últimas novas!

Hoxe pola mañá tivemos a visita de Olga Alonso (Concelleira de Educación de Vigo), Pedro Vázquez (Técnico do Concello) e Chema Pascual (Director de Newlink), así que a iso das 11:00 p.m. démoslle a benvida.

Pero tivemos máis acción, acción da de verdade!
Por se os vosos fillos aínda non vos contaron nada… Aquí estamos nos!

Resulta que teñen que facer un proxecto audiovisual en inglés (non podía ser doutra). En grupos de 5 ou 6 persoas teñen que facer un vídeo de 2 minutos sobre a súa experiencia en England “so far”. Algúns decantáronse por facer unha entrevista, outros unha reportaxe e outros mesmo un documental sobre as diferencias entre estudantes españois e ingleses. Non vos preocupedes que nos encargaremos de facervos chegar un copia.

A verdade é que parecían moi, moi, MOI profesionais. Comprobádeo vos mesmos nestas fotos. Que si técnico de son, director artístico, técnico de luz, guionista, actores….

Agora toca editar ;D E pola noite “crafts”

 

Broadstairs. 02/10/2017. Unha semana máis de aventura!

Ola da novo familia! 😀

Despois de falarvos tanto das clases e do camiño ó colexio, hoxe traémosvos un agasallo, fotos que describen como son as nosas mañás en England!

Así que comeza unha semana máis de aventura! Esta vez con proba de fogo, xa que o fin de semana foi moi intenso e hoxe esperaba un día de moitas clases.

Como puidechedes ler no post do sábado, visitamos London! Pero o fin de semana daba para moito máis que un viaxe á gran city; así que o domingo fomos visitar Canterbury. Un pobo medieval que sigue gardando toda a súa esencia!
Seguro que os vosos fill@s quedaron alucinad@s coa catedral (declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco)!

Para que vos fagades unha idea de como foi o día deixámosvos máis fotiños.

E para pechar ese día, un pouquiño de praia (abrigad@s) e cea italiana!

Como vedes non faltou de nada! Agora a pola semana, que tamén ben cargadiña! Iso si, os dramas quedan fora! ;D E con esta xa van dúas clases de drama!

 

 

Broadstairs. 29/10. Xa é venres!

Por fin é venres 😀

Despois dunha semana atarefada: adaptación a Broadstairs, clases en inglés, clima novo, o famoso lunch…Comunicamos que estamos ben, moi ben. Os nosos buddies non nos sacan o ollo de enriba!

Hoxe os alumnos tiveron clases de bioloxía, inglés, matemáticas… E algún deles tiveron a sorte de enfrontarse a sua primeira clase de business, todo un reto! Pero comparado có “drama” das actividades de onte a noite, iso non foi nada! (algúns aínda temos agujetas)

E hoxe actividades varias: jenga, who is who? (o famoso quen é quen?), o tres en raia, o noso querido xogo de cartas “uno”, o billar, o futbolín… Como vedes un pouquiño de todo 😀

Por agora estas son as novas! Amaña espéranos London 😀 E o domingo Canterbury e un un pouquiño de Broadstairs, praia e fish and chips! Pódese pedir algo mais?

Até amaña!

Broadstairs capítulo 2. 26/09

Un día mais erguémonos ben cediño para coller o tren en Broadstairs dirección ó que será o noso colexio nas próximas semanas.

foto-0 tercer-dia-broadstairs-5

Pero esta vez non só os “buddy” estaban a nosa espera nas instalacións do colexio, para a nosa sorpresa un xornalista local veu visitarnos e sacounos unhas fotos para un dos xornais locais (non vos preocupedes que mercaremos ese xornal como recordo desta experiencia).

1o-foto
O día seguiu do mais axitado. Algúns dos alumnos tiveron clases normais, entre elas: bioloxía, química e matemáticas. Outros tiveron sesións formativas sobre a importancia da tolerancia afectivo-social, sobre o bullying e sobre como manexar o estres en situacións dificis. Iso si! Tódolos grupos tiveron dúas sesións comúns, unha sobre o corpo de bombeiros, onde os estudantes tomaron conciencia sobre este problema; e por último unha charla sobre o cancro.
bombero
E para pechar o día, unha sesión de karaoke con cancións en inglés, non podía ser doutra! 🙂 Así que despois dun dia ben completiño imos durmir, maña agárdanos un día moi longo, agárdonos o noso “charity walk”!

Por certo, familia, xa sabedes o que significa “buddy”? ;D

tercer-dia-broadstairs-23

Até amañá!