BIDEFORD 29/09 – Games evening!

Bo día, familias!

Esta entrada non será tan extensa como a dos pasados días, porque a tarde de hoxe foi un tanto diferente. Aínda non sabedes por que? Porque por fin chegou a tarde que levabamos agardando desde o primeiro día. Por fin tivemos unha tarde libre para andar ao noso aire pola vila de Barnstaple!!

Trala cea, reunímonos todos no Fremington Parish Hall para participar na noite de xogos, a “Games Evening”. Aquí vos deixo unha foto para que vexades as nosas caras durante o descanso entre xogo e xogo. Entendédeo, era necesario parar para repostar antes de continuar coa velada…

29-sept-games-evening-grupal

Descansando para retomar as actividades!

Unha competición emocionante entre dous equipos que consistiu en carreiras de relevos, adiviña quen son, xogos de imitación, habilidade, memorización, caras pintadas… Pasámolo ben e corremos un pouco, que xa nos cumpría.

Con estas imaxes, despedímonos ata o próximo día.

29-sept-games-evening-2229-sept-games-evening-8 29-sept-games-evening-14 29-sept-games-evening-1529-sept-games-evening-24

See you soon!! Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

BIDEFORD 28/09 – Westward Ho!

Nova entrada, familias!

Hoxe, 28 de setembro foi un día diferente. A actividade da tarde consistiu en ir a Westward Ho! (premede no nome da vila para acceder á páxina da oficina de turismo). img_20160928_140945Si, o nome desta poboación costeira é Westward Ho!, cunha admiración ao final. A verdade é que ten unha historia curiosa: a vila foi creada e bautizada e hai relativamente pouco tempo, a partir do título dunha novela (enlace) de piratas de Charles Kingsley, traducida ao castelán como ¡Rumbo a Poniente! (aquí poderán atopar un artigo moi interesante que fala sobre a obra). “Westward Ho!” era a expresión empregada polas personaxes para dirixirse a esa zona.img_20160928_163627

Unha vez alí puidemos comprobar que se trata dunha zona perfecta para practicar surf xa que, a pesar de ser un día gris, a praia estaba repleta de surfistas intentando coller as mellores ondas. Ademais de ver a praia de cantos rodados e as pintorescas vivendas que confeccionan unha paisaxe única, tamén tivemos a oportunidade de ir a un parque de atraccións.

img_20160928_141707

Na entrada do parque

No parque de atraccións Amy, a nosa monitora da organización local, deunos a posibilidade de elixir entre dúas actividades: Minigolf Pirata ou Go Karts, así que tivemos que dividirnos en dous grupos (polo momento non dispoño de fotografías das golfistas).  Aquí podedes ver ao grupo ao que lle gusta a velocidade:

img_20160928_144903

Non había karts suficientes para os 9 que iamos a queimar pneumático, polo que nos dividimos en dúas carreiras.

img-20160928-wa0031

img_20160928_142935

Por sorte ou por desgraza, tralas actividades, o destino quixo obsequiarnos cun tempo tipicamente inglés, polo que fomos ao salón de xogos a resgardarnos da choiva ata que escampase. O certo é que alí pasámolo moi ben e conseguimos moitísimos tíckets.img_20160928_154742

img_20160928_155659 img_20160928_160030_1

E con estas imaxes remata esta nova entrada do blog. Mañá fará unha semana que estamos en Bideford, vivindo coas nosas familias anfitironas, relacionándonos con rapaces e rapazas da nosa idade cos que compartimos moitas cousas en común a pesar das diferencias culturais.

Unha semana de emocións, inmersión cultural e lingüística, novos amigos e amigas, novas experiencias, novos coñecementos, superación de medos e retos, desenvolvemento persoal, maduración, autonomía… Esta viaxe é probablemente a primeira da lista; unha lista que nos axudará a percatarnos de que o mundo é máis pequeno do que parece e que poderemos lograr todo canto nos propoñamos. Só precisamos determinación, unha actitude tolerante e respectuosa e moito traballo para facer que o vento da sorte sopre no noso favor.

Con esta reflexión despedímonos ata mañá, familias!

Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

BIDEFORD 27/09 – Visita a Appledore!

Ola de novo, familias!

Xa é martes 27 de setembro! Hai que ver o rápido que pasa o tempo… Nestes días xa se pode dicir que estamos adaptados practicamente a tódolos aspectos de vivir aquí: os horarios para almorzar, xantar e cear, os autobuses, a ruta a pé desde a parada do bus ata a casa, o paseo ata o Bideford College, etc. Cando nos queiramos dar conta, xa terán rematado as tres semanas de estancia!

A continuación vou incluír un mapa para que vos fagades unha idea da zona onde estamos vivindo os trece. A idea é que grazas a este bosquexo poidades facervos un mapa mental para comprender con facilidade a área na que nos estamos movendo:

mapa-onde-vivimos

Por se non ledes con claridade o texto insertado na imaxe: as poboacións subliñadas en cor vermella (Bideford, Instow, Fremington, Bikington e Barnstaple) é onde vivimos e a ruta marcada en azul é a que fai a nosa liña de bus, o número 21, que pasa cada 10 minutos. A verdade é que non ten perda e trátase dunha zona segura.

Volvamos ao tema: que fixemos no día de hoxe?

As nubes ameazaban choiva, aínda que cun pouco de sorte, non tan forte como a do luns. Por iso, decfidimos quedar no centro para comer os nosos packed lunch. Esta vez non inmortalizamos o momento, pero podédesme crer se vos digo que é un primor velos a todos cos seus uniformes descubrindo o que lles mandou a familia para comer. Próbano sempre todo, comparten algúns snacks, intercambian bocadillos… Sempre hai unha aura de emoción que nos rodea á hora do xantar.

img_20160927_150136

Sergio atendendo á explicación dun vídeo

A actividade desta tarde consistiu en achegarnos ata unha encantadora poboación veciña chamada Appledore (premede no nome da vila para atopar máis información). É unha vila mariñeira que aínda mantén un asteleiro en funcionamento dos varios que adoitaba haber noutros tempos.Alí, visitamos o museo marítimo North Devon Maritime Museum, onde  nos atopamos cunha amable e entusiasta guía que adica os seus días a informar aos viaxeiros e a profundar máis na investigación sobre o valioso papel de Appledore na historia da Inglaterra. Ela amosounos o que as 6 habitacións principais do museo agochan e explicounos o seu contido: duenos datos curiosos sobre os barcos de madeira e de aceiro que se constrúen e construíron na vila, a relación da mesma coa Armada Invencible, coa Segunda Gerra Mundial, etc.

img_20160927_142723_opt

Antes de entrar ao museo

img_20160927_153028

Nas escaleiras do museo

Tivemos a sorte de poder subir á zona de investigación do museo, normalmente pechada ás visitas.

img_20160927_153139

Na tenda do museo

 Alí puidemos ver varios mapas que foron donados á colección do museo e escoitar unha anécdota sobre cando o Príncipe Carlos de Gales foi de visita a ese mismo lugar por onde estabamos camiñando. Á saída, algúns de nós mercamos un recordo da visita na tenda do museo.

Percorremos parte do paseo marítimo, moi agradable a pesar da falta de sol e algúns de nós probamos os xeados artesanais da zona.

img_20160927_155210_opt

Cara especial para enmarcar

Finalmente, regresamos a Barnstaple, onde tivemos algo de tempo libre antes de volver ás nosas casas para ir a cear. Hoxe foi un bo día, veremos como se presentará o mércores.

Familias, espero que estas entradas no blog vos estean resultando útiles ou, cando menos, interesantes!! Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

Deica mañá!

BIDEFORD 26/09 – Cream tea!

Bo día, familias!

O luns foi o noso segundo día de clase. Ás 8:30 reunímonos cos nosos buddies, na recepción do instituto e asistimos a unha asemblea moi interesante que tivo lugar no salón de actos. Nesa reunión trataron de concienciarnos sobre os perigos e as consecuencias que o sexting e un mal uso das redes sociais poden traer consigo, xa que poden repercutir no noso presente e futuro tanto a nivel persoal como profesionalmente.

Despois diso, fomos todos a clase. Preguntarédevos a que materias asistimos aquí, pois ben, cada un de nós vai a clases diferentes, dependendo dos buddies que nos asignaron. Durante a nosa estancia aquí, asistiremos ás mesmas clases ca os nosos colegas ingleses. Matemáticas, xeografía, inglés, física, química, bioloxía, informática, historia e socioloxía, son algúns exemplos das materias que estudiaremos mentres estamos aquí. Tamén asistimos a clase de castelán, onde temos a oportunidade de axudar aos buddies, xa que están aprendendo unha das nosas linguas maternas e precisan que lles botemos unha man con cuestións como a pronunciación.

Ás 12:30 tocou xantar. Comemos os nosos packed lunch que, de novo, parecían caixas sorpresa. Hoxe fixémolo dentro da escola, xa que a intensa choiva non permitía outra opción. 26-sept-lunch-cole-2

Como moitos de vós xa saberedes, esta semana, aínda que trouxo consigo nubarróns cargados de choiva, tivo un comezo moi, pero que moi doce. Por que? Porque pola tarde, achegámonos ata Instow, onde puidemos probar un aperitivo tipicamente inglés, máis en concreto, típico da rexión de Devon: cream tea!

img-20160926-wa0007

Cream tea

O cream tea, consiste en té con leite acompañado por uns doces chamados scones, que se deben servir morniños, como acabados de saír do forno, e que se comen untados con clotted cream (unha especie de nata moi espesa) e marmelada de amorodo.

26-sept-cream-tea-5-grupal

Todos tomando cream tea

Fixemos un concurso de preguntas sobre datos curiosos relacionados con esta tradición de tomar té. Despois, aproveitamos que escampou para dar un paseo polo paseo marítimo de Instow. Aquí deixamos algunhas fotos grupais:

26-sept-instow-2 26-sept-instow-3 Pois ben, isto é todo por hoxe. Mañá máis e mellor. Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

Deica mañá familias!

BIDEFORD 25/09 – Domingo en familila

Hello!

img-20160926-wa0026

Paseo que fixo Nerea coa súa familia

Hoxe foi o noso primeiro domingo en Inglaterra. Por fin tivemos tempo para estreitar lazos coas nosas familias anfitrionas. Cada unha tiña un plan diferente preparado para nós. Algúns fomos a pasear as nosas mascotas, outros fomos pola praia, a outros leváronnos ao parque de atraccións Milky Way.

img-20160926-wa0020

Aquí é onde José Manuel xogou ao fútbol

Tamén xogamos ao fútbol cos nosos “irmáns”, axudamos a facer a compra semanal (algo que lles permitiu ás familias asegurarse dos nosos gustos). Moitos fomos de excursión ata poboacións veciñas, como Lynmouth, Lynton ou Clovelly. A continuación podedes comprobar por vós mesmos a gran beleza das paisaxes que nos rodean (e o bo tempo que nos acompaña por agora, inda que parece que pronto cambiará a nosa sorte).

Deixámosvos con algunhas das fotos que fixemos este domingo. Deica o luns!! Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

img-20160926-wa0010

Esta foto que parece unha postal foi tomada por Iván desde Lynton, con vistas a Lynmouth.

img-20160926-wa0021

Foto tomada desde Lynmouth

img-20160926-wa0023

Praia de cantos rodados en Lynmouth

img-20160926-wa0022

Lynmouth

img-20160926-wa0025

Explorando a natureza

img-20160926-wa0012

Verdísima paisaxe fotografada por Iván. É como estar na casa.

BIDEFORD 24/09 – De excursión a Exeter!

Ola familias!

O sábado fomos de excursión a Exeter! Unha das cidades máis antigas de Gran Bretaña. O día comezou de marabilla, xa que ao non ter que ir ao instituto non precisamos madrugar tanto. Durmir esas horiñas de máis sentounos moi ben para rematar de adaptarnos ao horario desde país. Tras un almorzo completo, as nosas familias acompañáronnos ata a parada de autobús, onde nos montamos no 21 dirección Barnstaple. Por que regresamos a esta cidade? Fácil, porque aí é donde está a estación de tren e este é o medio de transporte que empregariamos para chegar ao noso destino. Cómpre dicir, que o tren ía abarrotado, ata o punto de que non todos atopamos sitio onde sentarnos. Menos mal que o traxecto era curto!

24-sept-exeter-grupal-bandera_opt

Aquí podedes ver a muralla que durante centos de anos bordeou Exeter

Unha vez en Exeter, cos nosos suadoiros vermellos, visitamos un museo próximo a estación, o Royal Albert Memorial Museum. Por parellas ou en grupos de tres, fomos completando un quiz a medida que avanzabamos polas diferentes salas, cheas de obxectos moi variados de diferentes autores e dos catro puntos cardinais. Ao final, o grupo co maior número de respostas correctas conseguiu un premio moi doce.

24-sept-exeter-having-lunch-caras-raras_optTrala visita estabamos mortos de fame, así que adiantamos media horiña a comida, porque o primeiro é o primeiro e co estómago baleiro non se pode gozar dunha visita turística. Coma sempre, o momento de abrir os packed lunch e a emoción de descubrir o que nos mandaron as familias non ten prezo. Puidemos probar patacas fritas de distintos sabores, bocadillos variados… Pese ás caras que puñamos no primeiro contacto coa comida, rematámolo todo e comimos moi ben.

A continuación fixemos un tour pola cidade e visitamos sitios curiosos, coma os restos da torre onte tivo lugar a derradeira condena a morte dunha bruxa en toda Inglaterra.

24-sept-exeter-grupal-torre_optTamén camiñamos pola rúa máis estreita do mundo, chamada Parliament Street. Só cabiamos de un en un!24-sept-exeter-la-calle-mas-estrecha-del-mundo_opt

Ademais, Amy levounos ao lugar de onde J. K. Rowling tirou a inspiración para crear a Travesa Diagón, que aparece no libro de Harry Potter.24-sept-exeter-dos-en-el-callejon

Finalmente, establecemos o punto de encontro fronte á preciosa catedral de Exeter e tivemos tempo libre para explorara a cidade, facer compras e tirar mil fotografías, como esta, moi orixinal, onde aparecen tódalas rapazas na plaza da catedral.
24-sept-exeter-catedral-solo-chicas

Pois ben, isto é todo por hoxe. Mañá será domingo, o día de quedar coas familias e ver que plan nos teñen preparado. O luns volveremos con máis novas para mantervos informados. Unha aperta e deica o luns!

BIDEFORD 23/09 – Primeiro contacto e visita a Barnstaple

Ola, familias!

Hoxe foibus-21 un día moi completo, tanto en actividades como en emocións. A xornada comezou moi cedo, cando tivemos que coller, a maioría de nós, o autobús número 21 para ir ao instituto. Si, é un autobús con dúas plantas, coma os que se ven nas películas. A verdade é que nos parece cómodo ir na parte de arriba.

Sobre as 8:30 xa estabamos todos na recepción do instituto, elegantísimos (e guapísimos!) e listos para coñecer aos nosos buddies, os compañeiros e compañeiras que nos guiarán, axudarán e compartirán connosco mil e unha historias durante as próximas semanas. O centro é enorme, ten varias plantas, cafetería, patio, unha biblioteca moi moderna e múltiples espazos abertos onde os estudantes poden socializar, descansar, traballar en equipo, etc. A verdade é que pinta moi, pero que moi ben. Por fin, subimos a unha aula de idiomas e a profesora asignounos un buddie a cada un… Agora si que comeza a experiencia!

23-sept-having-lunch

Tras unha mañá de clases variadas, marchamos do Bideford College. Fomos comer os nosos packed lunch ao Bideford Quay, gozando das vistas e do solciño que todavía nos alegra os días. Descubrir a comida que nos mandara a familia foi como abrir una caixa sorpresa, fixémolo coa mesma emoción, aínda que con algo de desconfianza… Tras algúns intercambios de bocadillos, por ingredientes que non nos chistaban demasiado, pódese dicir que foi moito mellor do esperado. Todos comemos moi ben e non quedamos con fame nin a desgusto.

23-sept-barnstaplebandera-de-vigoA actividade da tarde consistiu en achegarnos ata Barnstaplelocalidade veciña de Bideford onde pasaremos bastante tempo a partir de agora. O principal obxectivo desta tarde consistiu nun tour de orientación pola cidade, para familiarizarnos con ela, e en aprender a utilizar os buses, saber cal será a nosa parada a partir de agora. (Por certo, este punto farásenos moi sinxelo, xa que só hai un autobús que debamos coller, o número 21, tanto para ir ao instituto en Bideford, como para ir a Barnstaple e á casa.) Unha vez en na cidade que estabamos visitando, vimos a torre do reloxo, o Albert Clock, onde fixemos unha fotografía grupal.

Atopamos a primeira cabina telefónica vermella, tan típica no Reino Unido, e non quixemos evitar inmortalizar o momento. Por exemplo, aquí podedes ver unha foto dos rapaces:
23-sept-barnstaplesolo-chicos

Nesta visita puidemos comprobar que se trata dunha localidade chea de historia e de sitios cun aura especial, coma o Pannier Market, un mercado dun tamaño considerable que cambia cada día a súa oferta: se hoxe ves algo que che entre polos ollos, non podes esperar ao día seguinte para mercalo!

     23-sept-barnstapleentrando-en-el-mercado_opt  23-sept-barnstaplegran-mercado

23-sept-barnstaplemonedaA organización local tiña preparada unha visita ao edificio do concello, onde nos recibiu a Alcaldesa. Fixemos un tour polo edificio e vimos os tesouros que escondía. Tamén nos regalaron a cada ún unha réplica dos xilíns conmemorativos que se chegaron a acuñar nesta mesma cidade. A continuación, podedes ver unha foto grupal na que tamén saen (de esquerda a dereita) unha traballadora do concello, a nosa monitora galega Laura, Amy (a monitora da organización local) e a Alcaldesa rodeada por todos nós.
23-sept-barnstaplegrupal

Despois disto tivemos algo de tempo libre para rematar de descubrir as rúas principais do centro da cidade e, finalmente, regresamos á casa coas nosas familias anfitironas. Foi un día intenso e necesario. Só faltaba cear, pasar algo de tempo coas familias e cargar as pilas para a excursión de mañá.

Deica mañá!

BIDEFORD 22/09 – Welcome to Bideford!

Ola a todos!

Por fin chegamos ao noso destino, por fin en Bideford! O día de hoxe, 22 de setembro, estivo cargado de emoción, novas experiencias e, por que non dicilo, tamén algo de nervios… A partir de hoxe, iremos compartindo convosco as nosas andanzas por estas terras estranxeiras.

bideford

Equipados cos nosos suadoiros vermellos de Vigo en Inglés, emprendemos unha viaxe de algo máis de 2000km, que incluíron dous avións e varias horas en autobús, para coñecer ás que serán as nosas familias anfitrionas durante as próximas tres semanas.

bideford-2

Era xa de noite cando nolas presentaron e estabamos agotados tras un día tan longo, pero o certo é que a primeira impresión foi moi positiva.En canto ao tempo, facía algo de frío, pero nin rastro de choiva. Parece que imos estar moi cómodosno destino que nos asignaron. Agora o que necesitamos é descansar e cargar as pilas para mañá. Temos moitísima curiosidade por chegar ao instituto, o Bideford College (fai clic no nome para acceder á páxina do centro) e estamos ansiosos por coñecerquen serán os nosos buddies. Terán a nosa idade? Caerémonos ben? Non cabe dúbida de que faremos o que estea na nosa mán para que todo funcione.

Deica mañá!