Chester 19 de septiembre – Welcome to Chester!!

Boas tardes a todos/as!

Perdón pola demora pero xa estamos instalados na cidade amurallada, non vexades o que costou… Paso a contarvos a odisea, preparados?

Onte chegaron ao aeroporto de Vigo 24 rapaces e rapazas cunha ilusión tremenda e unhas maletas casi máis grandes ca eles. Con esas comezou a viaxe, primeiro voo Vigo-Madrid, isto parecía moi sinxelo pero aínda quedaba a peor parte, carreira polo aeroporto de Madrid, control e subimos ao segundo avión. Todo parecía presaxiar que ía ser perfecto, e así foi, pese a una pequena complicación cunha maleta e un bus de catro horas, os nenos chegaron ao seu destino e poideron descansar.

Hoxe levantáronse con moitas ganas e uns poucos nervios, hai que admitilo. Pola mañá reuníronse na universidades para recibir unha charla sobre comportamentos e vida en Reino Unido, ao mediodía poideron coñecer aos seus “buddies” (para os galego falantes, os seus compañeiros de clase) despois de unhas divertidas actividades para coñecer o colexio foron a pasear polo centro de chester.

Unha rápida visita guiada para que os nenos se familiaricen co lugar donde van a vivir estas próximas semanas. Pasearon pola ponte do río, polo centro e as súa muralla. Tiveron un pouco de tempo libre e ágora están disfrutando de unha maravillosa cena coas suas familias anfitrionas.

Todo fai pensar que imos pasar unhas tres semanas súper divertidas. Por hoxe creemos que foi suficiente, toca descansar que mañá comezamos as clases.

boas noites!!!

Crisu e Judith