12 de decembro, despedida en Thorpe St Andrew e Bowling!!

THORPE ST. ANDREW

Boas a todas e todos!!! Hoxe escribimos esta crónica con un pouco de mágoa, pois as dúas semanas de convivencia nas instalacións de Thorpe St Andrew School chegaron á súa fin e a despedida dos nosos compañeiros durante estes días é inminente :/

Comezamos as clases como un día normal e a medida que pasaban as horas achegábase o momento da despedida. E así foi tocou a serea das 14.05 que anunciaba o último período e xa estaba aquí. Todos nós e os nosos english buddies nos diriximos ao salón de actos do South Building e alí nos fixeron entrega dos diplomas acreditativos da nosa participación de mán da directora de estudos de The English Experience, Kate,  e da vice-directora do colexio, Jane.

Rematada a entrega de diplomas o colexio ofreceunos un catering para facer máis levadeira a despedida. E entre bocados e zumes empezamos a facernos fotos cos nosos buddies, intercambio de números de teléfono, emails, facebooks, instagrams e demáis, abrazos de amizade e bágoas que comezaron a asomar nalgunhas das nosas caras marcaron a despedida

IMG_20141212_143717

Foron unhas dúas semanas moi especiais para todos nós e aínda que xa sabiamos que esta experiencia tiña un final, foi difícil dicir adeus a estes novos amigos que nos acompañaron nesta nosa aventura británica e que nos axudaron a facer desta estancia unha moi grata experiencia que endexamais esqueceremos.

Sonou  o timbre do fin da xornada as 15.05, fin do noso paso pola Thorpe St Andrew School. O bús estaba a piques de pasar, para irnos ata o city centre onde tiñabamos que continuar coa actividade programada e foi o momento do último bye, a útlima saída para nós tras unhas espléndidas xornadas nesta escola.

IMG_20141212_151052

A viaxe en bus serviu para que moitos nos calmásemos e recuperásemos o alento tras as bágoas caídas e como esta experiencia todavía non acabou e ainda hai actividades que desfrutar a repoñernos rápidamente que unha partida de birlos agarda por nós no River Side Entertainment

Seguimos a desfrutar do que nos queda de estancia por estas terras.

Saúdos e apertas!!

10 de decembro, obligada visita á Norwich Cathedral

THORPE ST. ANDREW

Boas a todas e todos!!

Outro día máis que trascorre para nós en Thorpe St Andrew e seguimos con temperaturas moi fresquiñas. A lúa fixo acto de compañía no noso camiño cara a parada de autobús

10dec_Norwich

que fixeron que algúns de nós non nos atrevésemos co cross country running que non agardaba hoxe nas clases de P.E. Só os máis valentes sairon a dalo todo e acabar entre os mellores tempos da clase.

Nas clases de drama comezamos a ensaiar a representación do poema “Anthem for a Doomed Youth” de Wilfred Owen, que versa sobre feitos acontecidos durante a I Guerra Mundial.

A nosa actividade de hoxe consiste nunha visita á Norwich Cathedral, a catedral anglicana da cidade, unha das xoias arquitectónicas das catedrais británicas. A catedral comezouse a construir no ano 1096 e as pedras empregadas foron traídas dende a Normandía francesa para conformar un edificio de estilo románico onde xa se deixan ver as influenzas do gótico. Para coñecer os segredos e historias que se albergan na catedral os nosos group leaders de The English Experience, preparáronos un quiz no que as respostas as imos atopar percorrendo a catedral

Mañá coñeceremos os gañadores do Cathedral Quiz, Kim daranos os resultados 😉

Ata aquí as novas de hoxe,

Saúdos e apertas 🙂

9 de decembro, tuesday DiScO NiGht!!

THORPE ST ANDREW

Boas de novo a todas e todos!!!

Seguímosvos poñendo ao día do noso periplo polas terras de Norwich.

E tras un día normal en Thorpe St Andrew School onde quen aínda non se puxera máns á masa coa receita dos mince pie, tivo hoxe o seu turno. Aos que tivemos educación física, PE, tocounos correr campo a través nos exteriores do colexio e coas baixas temperaturas que tempos que temos estes días mellor non quedarse parado que nos conxelamos :/

Tamén estamos descubrindo o mundo do deseño de moda nas clases de Textile facendo deseños tan coloridos como os seguintes

textile_Thorpe

E rematadas as clases cada un ao seu lar para acicalarnos de cara á última noite de bailoteo que nos espera na Disco The Talk nesta andaina nosa por terras inglesas. Algún que outro parou antes a facer unha parada nas tendas do City Centre para levar algo de estreno esta noite.

Hoxe tivemos a compañía da maior parte dos buddies e bailamos ata que deron as 10 como se fose a última vez que iamos escoitar cada canción, entre elas a internacional Macarena. O DJ tomou boa nota das nosas peticións, tanto que ata houbo quen trouxo a súa selección persoal nun memory stick e tivo a sorte de que algún dos temas fose escollido para facernos bailar a todos.

Deica a vindeira crónica!

Saúdos e apertas!!!  🙂

8 de decembro, comezo da última semana na Thorpe St Andrew School

THORPE ST ANDREW 

Boas a tod@s!!

Comezamos a que será a nosa última semana en Thorpe St Andrew saíndo ben arroupados da casa pois estamos rozando os 0ºC, temperatura á que non estamos moi afeitos.

E que mellor que convater o frío correndo polos campos deportivos do centro como nos tocou facer hoxe a algún de nós nas clases de PE. Outros volvemos as andadas na cociña e seguimos testando a receita das mince pies.

E en clase de téxtiles deseñamos o patrón dunha falda que nos vindeiros días comezaremos a confeccionar, a ver se con un pouco de sorte podemos levala rematada na nosa volta á casa 🙂

E para rematar o día a activade de hoxe foi novidosa para gran parte de nós, xa que nunca antes xogaramos ao LASER QUASAR, ataviados con chaleques cunha zona de recepción de disparos e conectados as marcadoras laser xogamos nunha zona deseñada con espazos para agocharse e case en penumbra onde tiñabamos que intentar disparar a cantos mais compañeiros do equipo contrario e intentar que non nos desen a nós. Na primeira partida gañou o equipo vermello e na segunda o azul. Un momento de distensión para ter un bo comezo de semana.

Deica aquí a crónica de hoxe 😉

Saúdos e apertas

5 de decembro, venres e bOwLiNg!!!

THORPE ST. ANDREW

Boas de novo a todos, outro día máis que nos vemos na bloguesfera!!

Mañá de venres na Thorpe St. Andrew School polo que toca madrugar para chegar puntuais á escola onde os nosos buddies nos recollen as 8.15 na North Canteen.

Na hora do lunch estes días celébrase unha feira de libros na biblioteca e algúns pasamos a ollar que títulos había dispoñibles para facer con algún dos exemplares xa que todo está a metade de prezo.

Os que tivemos cociña hoxe puxémonos mans á masa e fixemos un riquísimos pasteis con recheo de mermelada tradicional receta do Christmas time, chámanse mince pie, compañeiros e monitoras puideron probalos cando recén acababan de sair do forno e deliciosos!!!

E pola tarde a actividade que nos agarda hoxe é unha visita á bolera que está situada no complexo de ocio de River Side. Para algúns de nós para ser a primeira vez non o fixemos tan mal e en cada tirada iamos mellorando chegando a facer algún que outro pleno

CIMG0927

 

Outros xa viñabamos con experiencia acumulada e marcamos diferenzas no marcador dende o comezo e tamén aconsellamos aos que tiraban por primeira vez. Pero todos pasamos un bo e divertido rato, que para eso estamos aquí 🙂

CIMG0930

Xa rematada a actividade algúns quedamos polo centro a dar un paseo e outros voltamos de regreso as casas xa que a noite presentábase fría e cunha espectacular lúa.

IMG_20141205_184108

Saúdos e apertas a todas e todos!

2 de decembro, TuEsDaY DisCo NiGhT!!!

THORPE ST ANDREWS

Bos días a todas e todos!!

Aquí seguimos en coa nosas crónicas dende Norwich!! Despois dunha noite xélida parece que o día de hoxe non vai ser moito mellor e a chuvia fainos bastante compaña pero eso non impide que volvamos a desfrutar das nosas clases en Thorpe St. Andrew School. En matemáticas aburrímonos un pouco porque nos parecen unhas mates moi fáciles xa que ás clases as que asistimos se corresponden con un nivel académico inferior ao noso.

E hoxe volvemos cedo as nosas casa xa que toca Disco Night e temos que estar ceados e listos as 19.30 horas na porta da disco The Talk e moitos dos nosos buddies tamén desfrutaron con nós desta actividade. Foron as nosas familias as que nos levaron e despois nos recolleron as 22 horas, todos puntais que ao día seguinte toca volver a levantarse cedo e para non chegar tarde as nosas clases.

Parte do equipo Thorpe

Tivemos toda a pista de bailes par nós, todos os grupos de Vigo en Inglés que estamos asentados en Norwich e os English Buddies. O DJ pinchounos os éxitos pop do momento, Rihnna, Kate Perry, Taylor Swyft, Passenger, David Guetta, Enrique Iglesias & co.  e as peticións que puidemos facer ao DJ.

Os Danis, Marcos, Bruno e Paula

Houbo algún e algunha que nos derón leccións de baile moderno estilo break e similares.

CIMG0904

Tamén houbo que pasou máis tempo sentado que na pista de baile pero foi unha boa noite para todos!

Seguiremos informandos das nosas andainas 😀

Saúdos e apertas!!

30 de novembro, domingo e pasámolo coas host families

THORPE ST ANDREWS

Boas a tod@s,

Seguimos coas nosas crónicas dende Norwich, despois dun excitante e intenso día na capital Londinense chegou o día para descansar e desfrutar da compañía das nosas host families. Algúns de nós participamos nas actividades familiares como ir á misa ou colocar a árbore de Nadal da casa e mesmo ir a comprar luces e demais adornos navideños

Houbo quen volveu a ir á piscina e os máis afortunados tiveron excursión familiar ao zoo e a costa de Norfolk, Winterton-on-Sea onde se poden observar focas grises

seals

Cortesía de Rocío

E outros atopámonos cos nosos compañeiros no centro de Norwich e pasamos o tempo entre camiñatas e tendas.

Na próxima entrega máis. Deica entón!!

Saúdos e apertas 🙂

27 de novembro, tarde na piscina!

THORPE ST ANDREWS

Boas a todos!!!

O caderno de viaxe segue avanzando como as nosas clases de inglés, novo día en The English Experience

Hoxe tivemos que sair as rúas de Norwich e entrevistar aos cidadáns sobre as escolas en UK, os profesores e outros aspectos relativos á ensinanza de tal xeito que tivemos que esforzarnos na pronunciación e no entendemento para poder comunicarnos. Foi un  xeito ameno de poñer en práctica o noso inglés 😉

E hoxe pola tarde a remollarnos na piscina.

Estamos a remollo

E aquí unha pequena mostra da festa sorpresa que lle demos onte a Daniel Justo polo seu aniversario. Happy Birthday Dani!!!

la fiesta sorpresa de dani

Todos firmamos unha tarxeta personalizada para que Dani non se esqueza deste día tan especial.

el cumpleañerocantando happy birthday

 

26 de novembro, primeiro día en Norwich

E hoxe xa si podemos dicir GOOD MORNING dende Norwich!!

Empezamos o día con chuvia e esta nos acompaña durante toda a xornada.

Primeiro día de clase e as nosas familias nos acompañan ata academia de inglés The English Experience, a algúns traennos en coche, outros veñen con nos no bus e os que viven mais preto camiñando  para que nos familiaricemos co camiño. Sendo o primeiro día, algún retraso está permitido 😉

Xa na academia coñecemos os espazos onde estudiaremos inglés e aos nosos profesores, parece que o imos a pasar ben aquí. Ademais hai WiFi e durante os descanso podemos aproveitar para conectarnos 😀

Ellen's class

Primeiro día de pack-lunch e algúns con mais chocolates que outros pero todos bastante a gusto coa nosa comida.

Turno de coñecer ao noso group leader, somos un grupo numeroso así que nos asignan a Ellen, que para algúns e a nosa teacher, e a Kim que xa nos esperara o día de onte no aeroporto. Eles son os encargados de darnos o primeiro paseo de recoñecemento da cidade e de mostrarnos as paradas de bus que usaremos durante a nosa estancia.

Primeira vista de Norwich Cathedral

Anoitece moi cedo e cando rematamos as 5 xa éde noite, xa se pode ver o alumeado de Nadal por todas as tendas da cidade, Christmas time is close!!

Algún de nós ten a sorte de que nos veñen a recoller  para volver a casa e outros xa temos que poñer en práctica o funcionamento do uso do transporte público. Case todos chegamos ben a casa sen perdernos, e as perdidas que houbo tiveron bastante rápida solución, preguntando na rua, ao bus driver e algunha chamada foron de boa axuda.

Seguimos mellorando as nosas capacidades para defendernos no extranxeiro 😀

Saúdos e apertas para todos!!!

25 de novembro de Vigo a Norwich con destino Thorpe St. Andrew

THORPE ST. ANDREW

Boas a todas e todos os seareiros de Vigo en Inglés!! 

Este é o comezo da aventura que vos imos narrar nestas tres semanas que durará o noso periplo por terras británicas. O noso destino é Norwich, (Norich, como lle din aquí) e somos o grupo de Thorpe St. Andrew

 Expedición Thorpe ao completo

Tócanos madrugar para reunirnos no aeroporto de Peinador, o punto de saída desta experiencia, pero as ilusións e a felicidade poden máis que as caras de sono que nos deixa o madrugón. Malia que algunha bágoa si que nos quedou en Vigo por deixar ás nosas familias por uns días, en seguida volveron os sorrisos e comezamos esta andaina deixando a todos os que nos acompañaron para despedirse do outro lado do control de seguridade.

Cando recibimos a primeira chamada da apertura da porta de embarque, aparece o alcalde da cidade para desexarnos unha boa viaxe e darnos certas recomendacións, xa que trala súa estadía en Cambridge é coñecedor desta zona, segundo as súas palabras, agardamos volver cos deberes feitos. E co alcalde, tamén chega a prensa e algún de nós non tivo reparos en plantarse diante da cámara e do micrófono e responder as preguntas dos periodistas. 

De risas coa prensa

Momento de embarcar e para algúns de nós será a primeira vez que montemos nun avión, que nervos!!! pero todo controlado, o voo Vigo-Madrid é do máis tranquilo e incluso chegamos antes da hora prevista. Máis tempo de espera en Barajas 😛

Chegan as 13.35, hora do noso segundo voo e este deixanos en Londres, xa pouco queda para o noso destino!!!! O aeroporto de Heathrow déixanos abraiados co seu sistema de control de extranxeiros, que colas de chinos había!!  e o “metro” que nos leva ata a zona de onde saen as nosas maletas, que chegaron todas, todiñas a destino 😀

Recóllenos os compañeiros de The English Experience e agora si ven a parte dura, acomodar toda a nosa equipaxe no autobús que nos leva a Norwich e aguantar as 3 horas e media de viaxe que nos agardan para chegar a destino, pero entre risas, cancións, e algunha cabezadiña fanse máis levadeiras e o noso destino está máis cerca

20:30 da noite, hora local e… Norwich, here we are!!! Chegamos a Norwich e  as nosas host families  agardan por nós no meeting point e paseniñamente imos baixando do autobús, que coa noite fresca que vai mellor agardar ao quentiño, para atoparnos coas que serán as nosas host families durante as vindeiras 3 semanas. Algúns de nós esperabamos que tiveran un cartel ben grande co noso nome, pero como non puido ser, a ver se ocurre na próxima vez 😉

Largo día de viaxe, misión de entrega cumplida e horas son para irnos cada un coa súa a familia que seguro que nos gardaron algo de cea e unha cómoda cama nos agarda para repoñer forzas de cara o noso primeiro día 😀

Agardamos as vosas lecturas e  comentarios!!!! deica o vindeiro día

Saúdos e apertas para todos!!!