Bos días dende o Norte!:
Despois de máis dunha semana en Mitchelstown, ás rapazas e rapaces comézaselle a clarear os ollos e a pel tórnase cada vez máis impermeable por toda a choiva que recibimos.
Nesta semana decidimos integrarnos máis coa cultura irlandesa e o mércores aprendemos Danza Irlandesa co noso monitor Jamie, quen recibiu clases durante anos. En só media hora, xa nos convertimos en auténticos bailaríns:
O xoves practicamos os deportes típicos deste país: Fútbol Gaélico e Hurling. O primeiro é similar ao fútbol, salvo que se pode empregar tanto os pés como as mans; o Hurling, no canto dunha pelota, emprégase un stick como de Hockey e unha pelota máis pequena.
O noso entrenador Jamie explicounos as nocións básicas e rematamos a xornada cun partido de Fútbol Gaélico.
Manterémosvos informados das nosas próximas actividades. Unha aperta dende Mitchelstown!!