Nottingham: último día, volvemos a Vigo! – 28/07

Bo día a todos e todas!

Pois chegou o día de volta á casa. As lagrimiñas xa empezaron a asomar a primeira hora, cando cada familia levou aos seus estudantes ao punto de encontro do primeiro día, onde nos agardaría o autobús.

Ao chegar, a coordinadora local estabanos esperando para despedirnos, e para agradecerlle o seu esforzo, decidimos facerlle unha sorpresa, dedicándolle unhas palabras e regalándolle unha caixa de bombóns.

E chegou o momento da despedida coas familias, choros, abrazos, fotos… Foi un momento moi bonito emocionante para todos e todas, poñiamos rumbo ao aeroporto de Manchester!

Durante o camiño no autobús, dedicámonos a firmar e facer dedicatorias nas sudaderas e camisetas de todos e todas, incluso as monitoras jeje.

Ao chegar a Manchester, a cousa empezouse a complicar, pois de repente decatámonos de que o noso voo estaba retrasado dúas horas. A intranquilidade empezouse a notar no grupo, xunto aos demais grupos do programa que viaxaban connosco; todos e todas chamando aos seus pais preocupados, pois ninguén sabía que pasaría co voo Barcelona – Vigo.

A pesar desta mala noticia, nos sempre buscamos a maneira de amenizar o tempo, así que sentámonos en círculo e fixemos algún que outro xogo para rematar de coñecernos mellor.

 

Por fin chegou o momento de voar, e seguiamos algo preocupados por non saber que nos depararía esta viaxe de volta. O certo é que foi toda unha montaña rusa de emocións, posto que nun primeiro momento preguntámoslle a azafata qué iba a pasar, e díxonos que era complicado chegar a tempo para o seguinte voo, para máis tarde confirmarnos que o perderiamos.

Pero de repente, un milagre ocorriu. Xa a piques de chegar ao noso destino, a azafata viu de novo para decirnos que o avión ía agardar á nosa chegada, e poderiamos volver a vigo ese mesmo día. Foi unha alegría para todos, parecía que todo volvía a estar en orden.

Eso si, ao chegar a Barcelona, botamos a carreira da nosa vida. Entre os ánimos da xente e as présas do personal do aeroporto, chegamos ao avión por fin, para poñer dunha vez, rumbo a Vigo.

Aproveitamos a viaxe para repoñer o alento e de paso, rematar de firmar algunhas das sudaderas.

E por fin, chegamos a Vigo. Todo parecía rematar xa, pero para a nosa sorpresa, algo non ía ben. E que pasou? Pois que todo o caos para facer o transbordo, afectou ao equipaxe, de tal forma que nós chegamos, pero as maletas non. E así, sen maletas, botamos polo menos un par de horas para facer un por un as reclamacións correspondentes para poder recibir as maletas nos nosos domicilios nos próximos días.

Aproveitamos o momento para facer unha foto de despedida todos xuntos, aínda que por dentro estabamos desesperados por volver para a casa. Un saludo para a nosa compañeira Mencía, que debido a que tiña que coller outro avión inmediatamente ao desembarcar, non lle deu tempo a salir nesta fotiño.

E así, despedímonos. Foi un verdadeiro placer levar a cabo esta aventura con todos e todas vos. Fostedes un grupo marabilloso e desexamos que esta “unique experience” vos resultara enriquecedora e sobre todo, que o pasarades ben. Esperamos vervos pronto. Descansade da viaxe, e que teñades un feliz verán, deica logo!

Aida e Noe 🙂

Nottingham: día de teatro! – 26/07

Boa tarde amigos/as!

A poucos días de rematar esta fantástica viaxe, os nosos rapaces e rapazas empezan a mañán de clases con algo de nervios, posto que xa teñen que estar rematando o project, do que pronto saberemos quen é o gañador.

Hoxe tocábanos un tour polas bambalinas do teatro Playhouse, pero resulta que o que non sabiamos é que en realidade iamos facer un “workshop”, é dicir, un taller de teatro que consistiría nunha sesión de varios exercicios relacionados coa actuación, a improvisación e a creatividade.

Comezamos colocándonos nun círculo para presentarnos, de modo que cada persoa diría o seu nome acompañado dun xesto ou acción que o representara, ou que simplemente lle apetecera facer no momento.

Logo, fixemos un exercicio no cal habería dous narradores que irían contando unha historia que outras dúas persoas (os actores) deberían ir representando. Para isto, poderían utilizar unha serie de obxectos aleatorios depositados no chan.

Por último, fixemos un exercicio que se trataba de construír unha historia a través de tres posturas a modo de fotografía cun título. Deste modo, cada grupo debía de usar unha serie de obxectos en cada pose e decir unha frase que definira a acción, para que ao xuntar as tres, tivera sentido.

Foi unha sesión simple pero resultou moi entretida e botamos unhas risas, estamos para un Óscar jeje.

Disfrutade moito porque mañán xa é o último día, vémonos prontiño!

 

Aida e Noe

 

Nottingham: traballando no ‘project’ – 21/07

Bos días familias!

Este xoves foi completamente diferente ás tardes habituais, xa que transcurriu completamente na escola. Isto debeuse a que, para que os rapaces puidesen ir facer patinaxe sobre xeo o venres, tívose que adiantar a actividade do project, que era a que estaba orixinalmente planeada para ese día.

Habitualmente marchamos á actividade do día cara as 2 da tarde, ao finalizar o lunch, pero neste caso houbo volta ás aulas. Como podedes imaxinar foi entón un día de bastante traballo, se temos en consideración as clases da mañá.  Xa vos falamos do project nunha das nosas primeiras entradas, dado que era un traballo que lles pediron ao comezo da estadía que fixeran de forma extracurricular, progresivamente segundo foran visitando sitios e facendo as diversas actividades das tardes. O obxectivo este xoves era avanzar un pouco máis con esta tarea que busca reflexar a perspectiva sobre a experiencia de cada estudante (en inglés, por suposto!), e algúns rapaces incluso xa estiveran traballando nel na casa e viron con notas e todo.  Non imos negar que é a súa actividade menos favorita do programa…pero bueno mentres traballaban puideron falar entre eles, compartir ideas, escoitar música, etc; polo que puideron estar algo de relax.

O project entregarase o próximo martes e as notas serán dadas o mércores, nós temos moitas ganas de ver os resultados e ler as impresións de cada un!

‘Vémonos’ mañá na pista de xeo 🙂

Noe e Aida

Nottingham: Día de deporte – 20/07

Boas xentiña!

Hoxe, xa cun tempo moito máis soportable, tivemos un día de clase adicado a exposicións. E resulta que a tarefa de hoxe consistiu en, por grupos, crear un negocio orixinal co que cautivar o criterio das profesoras. Despois dunha serie de ideas super orixinais, gañou a idea de patentar unha almofada cun sistema de refrixerado, coa finalidade de non ter que darlle a volta pola noite para manternos frescos; algo bo tiña que saír de ter pasado tanta calor.

Pola tarde, diriximonos ao centro de deportes para realizar distintas actividades como baloncesto, badminton, ao igual que a semana pasada.

Foi unha sesión moi completa pero agotadora, así que a descansar moito e a facer os deberes, que mañá quedaremos na aula para continuar co proxecto. Ata mañán!

Aida e Noe

Nottingham: Diversión no minigolf – 19/07

Ola xentiña 🙂

Aquí estamos un día máis loitando contra a ola de calor en Europa que vós os pais xa pasastes recientemente, pero que nós aínda experimentamos agora. Aínda por riba marcharon os franceses e foi algo triste e estraño, xa que os rapaces notaban a falta do ruído que facían eles nas aulas e nas súas casas.

A idea orixinal de hoxe tratábase de visitar un molino en funcionamento, pero o noso traxecto facíase a pé e as temperaturas eran tan extremas, que ao final tivemos un cambio de programa e rematamos indo ao minigolf, cousa que compraceu moitísimo aos rapaces.

Puideron escoller eles con quen ía xogar, iso máis o efecto de que había aire acondicionado…xa foi o máximo, por suposto.  Ao cabo dunha hora empezaron a chegar os primeiros grupos: algúns estaban contentos, outros algo máis cansados (xa que o percorrido total consistía en 18 ocos), outros aínda tiveron a sorte de gañar una ronda gratis! En xeral quedaron todos satisfeitos coa actividade, polo que a nós púxonos tan contentas coma se tiveramos xogado e todo jej.

Saudiños a todos

Noe e Aida

Coloma e Lucas coa súa ronda gratis 😀

 

Nottingham: Escape Room – 18/07

Bos días a todos e todas!

Hoxe, coma calquera outro día, as nosas chicas e chicos tiveron unha mañán de clases que estivo moi marcada pola vaga de calor, rexistrando as temperaturas máis altas en anos.

Pero por sorte, a actividade de hoxe sería no interior. Finalmente poideron facer o tan esperado escape room, do que xa tiveran que prescindir a semana pasada, e estaban moi emocionados por realizar. Fixemos varios grupos que serían os que irían ás distintas salas do escape room e dirixímonos ao Escapologic, onde cada grupo entrou cun traballador que lle explicaría brevemente o que terían que facer.

Despois dunha hora aproximadamente, o primeiro grupo saiu, moi sorprendidos de seren os primeiros en rematar e super contentos polo percorrido realizado.

Non poidemos facer fotos porque non estaba permitido, pero sacamos esta foto tan curisa na cámara da entrada.

En xeral, todos quedaron moi satisfeitos e dixeron que o pasaron super ben, así que estamos desexando poder volver outro día!

Aida e Noe

Nottingham: Sherwood forest e Newstead Abbey – 16/07

Moi boas a todos/as!

Hoxe, ao igual que o sábado anterior, tocou excursión. Pegamos un bo madrugón para dirixirnos a onde o autobús nos esperaría para poñer rumbo a Sherwood Forest, un bosque moi coñecido por ser parte da lenda de Robin Hood, e posuír unha árbore centenaria onde se conta que o ladrón agochaba os botíns.

Tras este paseo, diriximonos a Newstead Abbey, a mansión na que habitou o poeta Lord Byron. Os rapaces e rapazas disfrutaron moito da visita aos xardíns e ao precioso lago que se sitúa a carón da vivenda, así como das distintas salas cheas de cadros, obxectos, roupa e mobiliario da época. Tamén vimos unha sala interactiva na que puideron deixar a súa pegada, igual que fixeron no castelo de Nottingham.

Ata pronto!

Aida e Noe

Nottingham: Visita ao castelo da cidade! – 15/07

Boas xentiña,

Este venres foi un día de moita aprendizaxe cultural. Primeiro na escola, onde os diversos grupos nos que están repartidos os nosos rapaces fixeron exercicios de diferente tipo, por exemplo escoller un prato típicamente español e elaborar a receta en inglés. Como comparten clase cos franceses e eles teñen que facer o mesmo, é unha dobre aprendizaxe cultural, toma xa! Despois no recreo houbo novas rondas de lectura de cartas, xa que algúns se enteraron do xogo e entroulles a curiosidade por probar jeje…

Pola tarde fomos ao castelo de Nottingham, no que había moita variedade de cousas relacionadas con Robin Hood: simulacións de tiro con arco, xogos, contacontos…

Outras cousas que había eran cuadros e obxectos relacionados coa historia da cidade, acompañados de vídeos informativos de persoas caracterizadas da época, para que houbese máis facilidade para meterse nos acontecementos. Tamén algunhas salas eran incluso interactivas, como unha na que se podían deixar notas, na que claramente os nosos rapaces quixeron deixar a súa pegada 🙂 Finalmente demos unha volta polo arredor, no que había un xardín con ‘atraccións’.

Un biquiño

Noe e Aida

 

Nottingham: Stonebridge Farm – 14/7

Bos días xentiña!

A xornada deste xoves foi algo accidentada a decir verdade. As clases progresan adecuadamente, cos rapaces sendo moi traballadores e completamente dispostos a cooperar coas profesoras, pero recibiron malas noticias. Debido a un erro, a actividade de escape rooms tivo que ser movida ao luns, cousa que desanimou moito aos rapaces…Pero pronto conseguimos un novo plan para sustituilo: Stonebridge Farm.

Trátase dunha granxa nas aforas de Nottingham na que puidemos ver diversos animais e acaricialos. Incluso vimos tamén algún inusual como o suricato! Posteriormente, tivemos un anaco de relax e diversión nas mesas e parque que forman parte da granxa: cartas, que son ‘la vieja confiable’, xogos de preguntas, etc.

Poderíamos dicir que aínda que tiñan moitas ganas do escape room, quedaron bastante conformes coa visita á granxa xa que había moitos animais e puideron interactuar bastante con eles.

Vémonos o venres!

Noe e Aida

Un bo fuet na hora do ‘lunch’ para matar a morriña

 

 

 

Nottingham: Museo contemporáneo e relax xunto ao río – 13/07

Boas tardes lectores,

Como xa sabedes, pola mañá os nosos rapaces tiveron clase, que transcurriu como de habitual. Parece que xa están un pouco asentados no seu nivel, pero van ter que aproveitar porque a coordinadora de estudos xa lles avisou que a dificultade irá incrementando progresivamente, e eles están definitivamente agardando que ocurra, para engadirlle algo de picante ás cousas. 

Despois do apacible lunch, tiñamos visita a un dos museos da cidade, o contemporáneo, que a decir verdade, decepcionounos un pouco porque era algo pequeno. Sin embargo, ao ser un recorrido curto puidemos pasar un bo anaco preto do río Trent. No transcurso deste momento de relax, algúns decidiron aproveitar un pouco o sol e tumbarse, mentres que a maioría colleu unha baralliña española e xogaron a cousas diferentes: o mentiroso, o culo (renomeado pola nosa Carmen como ‘the bottom’ en inglés jeje)… E incluso descubrimos que temos diversos lectores do futuro no noso grupo, por exemplo Abril, que nos ensinou a ler a vida amorosa da xente nas cartas. 

Vémonos mañá na entrada sobre o escape room, actividade da que os rapaces teñen moitas moitas ganas. Un saudiño!

Noe e Aida