ATLHONE – PRESENTACIÓN

Hi guys!

Son Carme Cerviño e serei unha das dúas monitoras que estaremos en Atlhone este mes con vos 🙂

Eu son de Santiago, aínda que estudei, traballei e vivín en un montón de sitios desde os 18 anos: Canadá, EEUU, Italia, Madrid, Valencia, etc. Tamén participei en programas como este cando tiña a vósa idade….polo que coñezo á perfección os nervios e a ilusión que estaredes sentido. Así como tamén sei o que é vivir con familias de acollida (en EEUU estiven un ano enteiro cos Hamm mentres ía ó insti 💕 ) e o vincúlo tan especial que se pode chegar a formar con eles.

O máis dificil baixo a miña experiencia é superar o cansancio dos primeiros días, xa que son moitas cousas novas, sobre todo o IDIOMA…  pode chegar a agotarnos darlle tanto á cabeza ó principio 😂. Pero unha vez arranquedes non vai a haber que vos pare! Eu nos meus viaxes aprendín inglés e italiano, ademáis de galego e castelán que son os meus idiomas maternos.

Por contarvos algo máis direivos que estudei belas artes e fotografía de moda e levo a cámara preparada! asi que de esta viaxe ides a ter seguro unhas fotazas estupendas!

Vémonos mañan no aeroporto. Espero que teñades as mismas ganas que eu de arrancar esta aventura❤️.

Carme.

avatar

Carme Cerviño Garcia

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *