ASHFORD – Excursións a Canterbury, Folkstone e Brighton

Moi boas a todos!

O tempo vai pasando tan rápido que a veces custa asimilalo. Como xa sabedes, o noso primeiro luns en Ashford pasámolo no local de trampolíns Flip Out. O martes os alumnos asistiron a clase no que xa se convertira en algo rutinario para eles. Por primeira vez tiveron clases pola tarde, polo que non tiveron actividade ao saír da facultade. Despois de ter un día bastante extenuante nos trampolíns case que se agradecía o de ter algo de descanso, aínda que o de ter clase pola tarde xa non tanto.

O mércores, tras saír de clases, realizamos unha viaxe a Canterbury, cidade bastante cercana á que fomos en tren.

Primeiro realizamos un tour pola cidade vendo diferentes puntos importantes.

Dentro das murallas subimos ao punto máis alto, un montículo que foi construído sobre unha grande cantidade de cadáveres.

Dende alí arriba podíase vislumbrar todo Canterbury.

Despois dirixímonos ao centro da cidade, onde os alumnos terían que realizar unha actividade na que debían sacarse fotos en diferentes lugares emblemáticos. Aqueles que tivesen as fotos máis graciosas ían ter un premio.

Despois da actividade e de ter tempo libre puxémonos rumbo á estación de tren cunha pequena parada polo camiño.

Desta maneira acabábamos a nos viaxe a Canterbury.

Como non hai unha sen dúas, ao día seguinte despois de saír de clases contábamos con outra excursión, desta vez a Folkstone, unha aldea costeira moi acolledora.

Primeiro demos un paseo pola costa, dende onde se podía observar Francia no horizonte.

Polo camiño atopamos varias curiosidades, como por exemplo unha pequena casa nunha zona que quedaría cuberta ao subir a marea. Aínda a día de hoxe non sabemos se a casa flotaba.

Unha vez chegamos á praia os rapaces contaron con tempo libre para investigar a zona.

Chegada a hora acordada tocaba reunirse de novo para poñer rumbo á seguinte parada.

Sen máis dilación puxémonos en camiño ó centro de Folkstone.

Alí os rapaces tiveron tempo libre para coñecer o centro da aldea e mercar algunha que outra cousa.

Finalmente reunímonos todos para dirixirnos á estación de tren e volver a Ashford.

Así acababa outro día máis onde coñecimos un pouco máis de Inglaterra.

Despois de dous días de excursión aos alumnos volveulles a tocar ter clase pola tarde. Non é a súa actividade favorita, pero despois de dous días camiñando, e tendo en fronte a excursión do sábado, tampouco viña mal un día máis relaxado.

Finalmente chegou o sábado, día da excursión máis importante. Neste caso o noso destino era Brighton, unha fermosa cidade costeira.

Na praia de Brighton atópase un Pier que conta cunha gran variedade de xogos, arcades e atraccións. Dende logo a diversión non faltaba.

Alí fixemos un bo amigo.

Despois dunha mañá moi entretida cunha gran cantidade de diversión xuntámonos na entrada do Pier para visitar o centro da cidade. Alí os rapaces contaron con tempo libre para comer e ir de compras.

Despois dun par de horas tocaba volver a reunirse, desta vez para volver ao lugar no que nos deixara o autobús. Polo camiño volvemos a pasar pola praia de Brighton.

Desta maneira acababa a excursión do sábado, a terceira que tivemos en 4 días.

Os rapaces xa levan más dunha semana en Ashford, estando habituados aos horarios de cear e durmir (aínda que á comida xa non tanto). O tempo vai pasando rápido, pero está claro que o están aproveitando ao máximo!

Vémonos no seguinte post!

avatar

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *