Afternoon tea (Grupo Peterborough)

O noso día máis británico.

Nesta mañá, coma todas as demais, os rapaces foron á St. Mary’s Church para as clases e, ás 12:30, reunímonos todos para ir ao noso parque de confianza para tomar a lunch.

Na tarde deste luns coñecimos a un novo guía, Harrison, con quen desfrutamos dun típico “afternoon tea” inglés nunha cafetería da cidade.

Esta tarde aprendimos que os “must have” dun afternoon tea son: English breakfast tea, scones (aos que se lles bota queso crema e marmelada) e sándwiches (que non nos puxeron). Se ben non eran os mellores scones da cidade (gustándolle creo que sólo a Lucía moni), os rapaces puideron descubrir se o English breakfast é té do seu gusto ou non.

Pasar a tarde dentro dunha cafetería tamén foi unha boa forma de bulir da terrible calor e do abrasador Sol que nos agardaba fóra.

avatar

Sara Gutiérrez García

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *