A LONDRES OUTRA VEZ!!!! (Peterborough)

Este sábado marchamos a primeira hora da mañá a Londres outra vez. Aproveitando que a semana pasada non foi suficiente, esta vez visitamos novos sitios con máis calma e xogos que axudaban a coñecer a cidade.

Estivemos acompañados por Lucas, o monitor polo que todos están a suspirar. Él quedou con nos na estación de tren de Peterborough.

Collemos o tren a Londres pouco despois. Este deixounos en  Kin’s Cross, onde collemos o  tube que nos levou a Camden Town, un barrio moi alternativo e difrente do que veramos ata agora.

Unha vez alí, tiñamos unha tarea: conseguir atopar os 9 lugares ou monumentos para completar bingo. Os nenos tiveron moito tempo libre e, mentres cubrian dito bingo, aproveitaron para facer algo de shopping e mercar agasallos para os máis queridos.

Á 13.30 quedamos todos para ir ata Primrose Hill, a colina coas mellores vistas de toda a cidade.

Despois de comer e facer algunhas fotos, camiñamos un pouco máis por aquelas estreitas e enredadas rúas. Tomamos un xeado e camiñamos de novo ao metro para coller o tren que nos levaba de volta a Peterborough.

No tren, agasallamos ós gañadores de bingo e fixemos un pouco de karaoke grazas ao noso dj personal.

É así como remata a nosa visita á fermosa cidade de Londres.

avatar

Lucía Del Río González

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *