7 de outubro: Tag rugby e hurling en Thurles

Bos días desde as soleadas terras do norte!

En Thurles seguimos empeñadas en que as vosas fillas e fillos volvan en plena forma a Vigo, así que seguimos coa listaxe de deportes irlandeses. Esta vez foi a quenda do tag rugby e do hurling!

Cando as mozas do Coláiste Mhuire e os mozos do CBS souberon que ían xogar ao rugby emocionáronse un montón e puxeron as súas mellores poses. Ata nos bailaron unha haka! Quen se atrevería a enfrontarse a el@s? As monitoras non, dende logo 😉

haka 3 Haka 1

Imaxinade a decepción cando a adestradora nos dixo que iamos xogar ao tag rugby e non a rugby… A diferencia entre estes dous deportes é que no tag rugby non hai contacto, e o que as nosas feras querían era placar ao equipo rival! Despois dun intenso partido tamén houbo tempo para un par de carreiras de carretillas, aínda que a maioría estiveron máis tempo polo chan que a dúas patas 🙂

carretillas 3

Por outra banda, as rapazas do Presentation tiveron a súa primeira sesión de hurling! Puxeron os cascos, colleron cadanseus hurlies e… preparadas!!

Preparadas!!Mais o hurling non é un deporte doado. Require moooita práctica e moitas explicacións antes de podermos botar unha pachanga!

Sacamos!

Ao final a cousa déusenos bastante ben. Ímonos facer unhas expertas no tema! Se cadra antes de marchar podemos xogar un partido contra o grupo do CBS e o Coláiste Mhuire a ver quen ten a cousa máis controlada!

Moitos bicos, familias!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *