7 de Outubro. Mini-Golf and Disco

Bos dias a todos!

Empezamos o dia cun sorriso na cara e cansados tras a festa de onte a noite. Estamos so a cinco dias de rematar a nosa estancia en Sheffield e o cansancio  empeza a facer mella…pero como xa nos queda pouquinho, hai que aproveitar cada segundo. Vai ser triste despedirse dos novos amigos, e tamen sera triste para eles despedirse de nos. Porque mirade as bonitas palabras que se adicaron mutuamente vigueses e ingleses.Palabras para lembrar

Contarvos que onte foi un dia longo. Empezamos coma sempre asistindo as clases, e de ahi, diriximonos a parada do autobus para ir a realizar a actividade da tarde. A anecdota do momento foi que Jaime Alvarez, levaba tempo querendo comprar unha corbata da escola e ao enterarse de que podia coller unha en recepcion, non o dubidou mais e correu a adquirir seu “souvenir”. O curioso foi que en canto os demais rapaces do grupo a viron, houbo alguns aos que lle faltou tempo para ir a mercar a sua. Estan mais adaptados a levar uniforme que moitos rapaces da propia escola!

Ao final comprárona todos...

Unha vez mercadas as corbatas, chegamos a Centertaiment, unha area comercial na que se atopan varios edificios e cafeterias adicados a restauracion e o entretemento. Ali tinhamos reservada unha partida nun crazy-golf. Non quedaron moi claras as regras de puntuacions para todolos grupos…o que si sabemos, e que os que ganharon dentro de cada equipo non dubidaron en proclamalo os catro ventos.

Th

Carolina, Yago, Marta e Jaime no crazy-golf

E unha vez finalizada a partida, houbo que ir a cear e arreglarse para a segunda e ultima discoteca cos buddies. Houbo momentos para todo: para o reggaeton, a macarena e o asereje. Tamen houbo momentos para estar falando cos amigos ou tomando un refresco. Houbo quen o dou todo, e houbo quen se tomou as cousas con mais calma…pero en definitiva foi unha gran noite e todos o pasaron ben. Deixamosvos algunhas fotos coas que atestiguar o momento. Recordade que  na galeria de imaxes de Newlink, poderedes ver mais.

Artos dandoo todo Segunda Disco (43) Segunda Disco (24) Segunda Disco (21)

E de momento nada mais. Hoxe pola tarde toca ZUMBA e habera que dalo todo (outra vez)!!

Ata manha!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *