7 de decembro, día coa familia

THORPE ST ANDREW

Bos días a todos,

Outra semaniña máis en Norwich, como pasa o tempo! Botando a vista atrás, hai nada que estabamos embarcando en Peinador e ahora xa nos imos adaptando pouco a pouco á vida inglesa.

Hoxe toca pasar o día coa nosa host family. Moitos de nós quedamos polo centro cos nosos amigos para comer polos restaurantes do centro de Norwich e aproveitamos para facer algunhas compras e visitar algunha das dúas catedrais de Norwich.

O riverside coa catedral ao fondo

O riverside coa catedral ao fondo

Outros temos moita sorte e imos de paseo coas nosas familias ou colocamos a decoracion de nadal na casa. As temperaturas estan especialmente baixas e case todos volvemos cedo a casa para cear coas nosas familias.

Esta semana, Martín Curty foi elexido o estudiante da semana polo seu bo comportamento e recibiu un diploma acreditativo por este mérito. Well done Martín!! 🙂

IMG-20141205-WA0005

E mañá toca volver as clases, moi contentos de recontrarnos cos nosos buddies.

See you soon

2 pensamientos en “7 de decembro, día coa familia

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *