5th and 6th October_Test of level/Speech to the major/Dublin

Ola familias, antes de nada pedirvos disculpas porque tiven un pequeno problema coa conexión á rede na casa onde me aloxo e nom puidem contarvos o acontecido na xornada do venres, así que hoxe aproveito pra narrarvos tanto esa xornada como a de

 

hoxe.

Onte fixeron a proba de nivel encomendada por Newlink. Observei que os resultados non foron mui bos en xeral; quero dicir, que esperaba algo máis de algúns del@s.

Supoño que podedes ver os resultados na páxina do alumn@ en mynewlink.

Ao rematar a xornada lectiva esperávanos un autobús pra conducirnos a Carlow onde, xunto co grupo da escola de alí diriximonos ao concelho, onde nos esperaba o alcalde do lugar.

Os vosos fillos e fillas leron un speech en galego e inglés agradecendo a acollida e o trancurso da estancia e os rapaces e rapazas de Carlow contaron un pouco como era a cidade de Vigo e os seus arredores. Foi un acto mui emotivo.

Recibiron un agasallo de parte do alcalde e un certificado do seu paso polos diferentes colleges.

Asemade tiveron um pouco de tempo libre pola vila antes de subir ao autobús de volta a Castledermot.

Na xornada do sábado fomos a Dublín. A primeira visita foi a Dublinia un museo de tres plantas onde se pode aprender sobre a vida dos viquingos, na planta baixa, a vida no medievo, na segunda planta e na terceira planta pódense atopar restos arqueolóxicos e moitos datos de interés sobre Irlanda.

Acto seguido a leader do plan English Language Ireland, Ana María, guiounos nunha visita pola cidade, onde puidemos ver lugares característicos como: O penny bridge, o monumento á luz, a oficina de correos onde xurdiu a rebelión irlandesa, o temple bar, o parque de Saint Stephen´s Green e a rúa máis transitada e de compras Grafton Street, onde disfrutaron do seu lunch e tempo libre.

A climatoloxía acompañounos e puidemos disfrutar do sol nunha das cidades máis radiantes da vella Europa.

Elisa

 

 

 

 

avatar

Elisa Pidal

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *