5.10, Prestatyn – Cultural Project and free time!

Bos días!

Que tal se presenta a vosa fin de semana? A nosa bastante ocupada! Por ese motivo, a tarde de onte foi finalmente dedicada a ter tempo libre, demandado polos propios estudiantes. Tratouse da última entre semana que tiñan en Prestatyn, e pediron poder empregala para pasear pola vila e tomar algo todos xuntos.

Pola mañá, sen embargo, tiveron que mostrarnos o resultado do seu traballo durante estas tres semanas nunha presentación sobre as diferencias que existen entre Galicia e Gales en relación a diferentes temas: as linguas, os deportes, as casas, a comida, a escola e as tradicións. As presentacións foron en inglés e, a pesar dos nervios normais por ter que falar en público, todo saiu estupendamente! Os alumnos demostraron ter preparado ben o traballo.

Ademais, a modo de despedida, o colexio invitou tanto aos alumnos españois como aos galeses a unha “lunch” típica galesa preparada polos propios estudantes de cociña do centro. Todo un detalle que permitiu aos rapaces e rapazas probar pratos novos. Hai que dicir que os houbo con máis e menos éxito, o que non deixa de ser normal ao tratarse de comidas tan distintas ás que están afeitos!

Foi, en definitiva, un día relaxado para todos, como corresponde aos días finais logo de tres semanas sen parar quietos e previos a unha fin de semana de despedidas!

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *