Día 20: Revisitando Londres

Boa noite familias!

Rematamos o día de hoxe volvendo de Londres despois de pasar todo o día aló.

Chegamos en tren e collemos o metro (no que cantamos á monitora Ana o feliz animersario) e chegamos ao Natural History Museum.

Esperando ao metro

Diante do Natural History Museum

Despois de ver dinosaurios, aprender como xorden os volcáns e tsunamis, e coñecer diferentes tipos de minerais, fomos en metro até Hyde Park para comer todos xuntos á sombra.

Collemos de novo o tube para ir a Piccadilly Circus, que serviu como o noso punto de encontro. Así, antes de dexiar ao rapaces desfrutar de tempo libre, camiñamos até Vigo Street.

O grupo diante de Vigo Street

Durante as horas de tempo libre, os rapaces foron en grupos visitando diferentes zonas da cidade. Algúns aproveitaron para ir ao British Museum, outros para facer compras en Oxford Street, ou dar unha volta por Chinatown.

Un grupo de rapazas en Piccadilly Circus

Chegamos de volta á estación de tren de St Neots rematando así a nosa última excursión de día completo. Despedímonos aquí de Fran, unha das nosas profesoras e activity leader en varias das excursións.

O grupo ao completo con Fran

Hoxe tivemos un día longo e bastante cansado pero, por sorte, mañá podemos descansar e estar coas nosas host families no último día en St Neots.

Javi e Ana.

 

avatar

Ana Doforno Nóvoa

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *