30.9, Prestatyn- Excursión a Chester!

Bo día!

Que tal o voso sábado? O noso completo, visitamos Chester e xa podemos dicir que coñecemos a cidade a fondo! Quedamos ás nove na estación de tren para procurar coller o tren das 9 e así chegar sobre as 9.30 e, dado que os alumnos foron todo o puntuais que se pode ser, conseguímolo. Unha vez chegamos, dividimos o día en dúas partes: unha visita cultural seguida de tempo libre para que os alumnos puideran desfrutar dun paseo relaxado polo centro da cidade.

En primeiro lugar, dirixímonos á catedral de Chester, edificio impoñente onde os haxa! Os alumnos pasearon polo seu interior, que ademais estaba adornado cunha exposición temporal que a dotaba dun aspecto, canto menos, curioso para una catedral.

Logo dun paseo á beira do río, chegamos ao centro da cidade. Alí, Karen, a monitora, levounos ao anfiteatro e deunos unha pequena charla sobre a cidade. Que interesante é sempre aprender cousas sobre os sitios que se visitan! Unha vez visitamos os puntos importantes da cidade e comimos nun dos seus parques, os alumnos tiveron tempo libre para ver as numerosas tendas do centro, e cruzarse con xente realmente “dressed up”, vestida de etiqueta para desfrutar da última carreira de cabalos do ano. Que sorte ter ido a Chester nunha data tan sinalada!

O día tivo varios momentos pasados por auga, o cal non nos impediu desfrutar do seu casco antiguo tan ben coidado, das shops, do Starbucks e, para algúns alumnos, tamén da súa primeira experiencia no Subway! Foi unha excursión de sábado moi ben aproveitada, é desde logo unha sorte ter un sitio como Chester tan cerca de Prestatyn!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *