3 de outubro. Excursion a The Blue John Mines

Bos dias (ainda que polas novas que nos chegan dende Galicia, os dias ahi non estan sendo o que se di bos)!!!

Estamos unha manhan mais retransmitindo dende o Reino Unido as novidades do grupo de Rotherham.

Esta foi unha fin de semana na que tocou excursion ao campo. O sabado, os rapaces e as monitoras diriximonos cedo  (ainda que  non tan cedo como e habitual) a parada de autobus para facer a nosa visita a The Blue John Mines, unha cova ubicada na localidade de Castleton, Derbyshire nas cales se atopa unha pedra fluorita que da nome a cova. Esta pedra e conhecida pola sua alta gama de cores brillantes, pero a que se pode atopar en Derbyshire, e a unica no mundo composta por raias de cores e brancas ao mesmo tempo.

Mostra da Blue John Stone (2)

A anecdota do dia foi que cando estabamos a chegar, o conductor do autobus confundiuse de cova e deixounos na entrada a “The Devil’s Arse”, tamen conhecida coma “Peak Cavern”. Unha cova cun nome polemico que foi cambiado para non ofender a rainha Victoria, e  que alude ao sonido flatulento que produce no seu interior a auga cando se inunda. Actualmente  volve a chamarselle coma o seu nome orixinal. A pesar da confusion, non hai mal que por ben non venha, xa que as vistas mereceron a pena.

       Caminhando a The Devil's ArseThe Cave (2)

Unha vez xa en The Blue John Mines, tocounos subir por caminhos de cabras e non quedou outra que pisar ali por onde elas deixaron seus “regalinhos” para os turistas. Foi moi gracioso ver os rapaces subindo o caminho apartando para non ensuciar os zapatos.

Camiño da minaThe Peak District

E cando por fin demos chegado arriba, a visita consistiu nunha entrada a cova con susto incluido, porque nun momento no que a luz se apagou, a nosa leader Leigh, golpeouse na cabeza co teito e fixo un chichon xeitoso.  Por sorte non foi nada!!!

Dentro da Blue John Mine (2)

Unha vez saimos, puidemos realizar unha actividade na que nos entregaron un cacho de pedra que poder lixar e pulir para levar a casa. A alguns pareceulles que a pedra era incluso mais bonita antes de pasala pola pulidora…pero  alomenos quedaralles coma recordo! Acabada  a actividade, non podia faltar a foto de grupo!

Os rapaces lixando a sua pedra

Foto de grupo no Peak District

En canto chegamos a Sheffield, puidemos dar unha volta polo centro comercial Meadowhall, ainda que estaba a rebosar de xente. Imaxinade como estaria para que en unanimidade o grupo pensase que prefiren as catro tendas do centro da cidade! E despois de tanta compra, marchamos para a casa a descansar e pasar o domingo coas familias.

E polo de agora nada mais. Hoxe chove…e a tarde temos “busqueda do tesouro”. A ver que se coce!!

Ata manha!

2 pensamientos en “3 de outubro. Excursion a The Blue John Mines

  1. ¡¡¡Quen poidera ter 15 anos para estar a disfrutar coma eles ¡¡¡ . Ou con eles por eses lares… porque se lles ven moi ledos e iso que so os vemos nalguns momentos. Grazas de novo EVA e SILVIA.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *