29 de setembro. We’re sexy and we know it!

Vaia martes máis movidiño que tivemos hoxe, así dá gusto empezar a semana! Hoxe non foi un día coma outro calquera, queridos pais, nais e demais público!

Pola mañá tivemos na Scoil Mhuire (o noso insti) un show no que os alumnos e alumnas de primeiro e segundo grao se disfrazaron e participaron nun concurso. Non temos fotos, pero damos fé de que dúas das nosas rapazas, Laura e Sabela, recibiron un premio polo seu disfraz de panteiras/leopardas/leonas… chamémoslle X.

Despois de comer e como cada día, tiñamos unha actividade preparada e hoxe tocaba suar! Eles chamáronlle Circuit training, pero para nós foi máis ben un “1000 Maneras de morir”. Para que vos fagades unha idea, os profes xunto con algúns estudantes da escola, organizaron un percorrido dunhas 12 actividades para traballar diferentes partes do corpo. Tiñamos que facer cada unha delas durante 30 segundos e despois ir rotando no sentido das agullas do reloxo.

Esos glúteos! Legs up!

Parece moi aburrido e duro, non si? Pois mirade se os nosos vigueses e viguesas teñen moral, que ao final pasámolo en grande! Tivemos un pouco de todo: abdominais, sentadillas, pesas…


Cómo pesaba la bolita! De risas en educación física

… traballamos bíceps, tríceps, glúteos…

Los chicos haciendo sit-ups

… pero sobre todo puxémonos en forma, rimos, liberamos un pouco de estrés… e pasou a tarde voando! Xa sabedes, circuit training 100% recomendado!

Deica mañá lectores!

Salta, salta, pequeña langosta!

2 pensamientos en “29 de setembro. We’re sexy and we know it!

  1. Moitas grazas Olalla polo estupendo diario de viaxe que estás a facer. Dá gusto lerche. Agradezocho moito porque a miña filla con tanta actividade non ten tempo de escribir nin case de falar, así que non me entero moito da sua vida irlandesa. Moitas grazas por coidar deles e axudarlles a que esta experiencia sexa inesquecible. Apertas dende Vigo!

    • Bos días Xulia! Moitas grazas a ti e a todos os pais e nais por lernos! A nosa vida en Kanturk está sendo moi enriquecedora e os rapaces e rapazas, adorables, así que xa podedes imaxinar a boa experiencia que estamos vivindo. Alba e eu seguiremos sendo unha pequena ventá para que poidades botar unha ollada de cando en vez! Saúdos irlandeses =)

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *