Bos días, Vigo!
Hoxe a mañá amaneceu con néboas. As temperaturas están empezando a baixar e comeza a facer frío, pero iso non nos impide seguir tendo ganas de pasalo ben e de continuar coa rutina.
Onte pola tarde, ansiosos por facer deporte, os rapaces baixáronse na súa parada habitual do tram para ir practicar spinning. O spinning ven a ser unha bicicleta estática conectada a unha pantalla que vai informando ao usuario do número de km “andados”, as calorías queimadas e o ritmo cardiaco.
A pesar do esforzo e de que algúns esqueceron o chandal na casa, aos rapaces encantoulles a sesión e algúns deles comentaron que estaban desexando poder liberar tensións no ximnasio. Iso si, ninguén os librou das maniotas de hoxe…porque ademais do spinning, ao acabar a clase puideron facer uso dalgunhas das máquinas ubicadas no polideportivo. Para sorpresa nosa, case todas elas dispoñían de conexión a internet e a canais de televisión para non aburrirnos mentres nos poñemos en forma.
E no referente ao día de hoxe, dicirvos que ao acabar as clases, poderemos desfrutar dunha hora e media libre no centro de Sheffield e despois deberemos dirixirnos ás nosas casas para cear e cambiarnos, porque hoxe de oito a dez temos “disco” cos buddies. A maioria están desexando que chegue a noite de hoxe! Contarémosvos que tal!
Mentres, despedímonos ata mañá esperando poder facer moitas fotos do momento!
Un saudo das monitoras!
uy, a modiño coa “disco”, que os rapaces ingleses cando van de farra non teñen medida, alomenos cando veñen para o Saloufest. Poñede algunas fotos se vos deixan “os interesados” … ;).
saúdos, e noraboa polo blog e o voso bo traballo
Os rapaces son boinhos e responsables…penso que se van a comportar perfectamente, e co das fotos por suposto que podes contar!!!! Un saudo para Vigo dende o Reino Unido.