29 de setembro. Clase de spinning!

Bos días, Vigo!

Hoxe a mañá amaneceu con néboas. As temperaturas están empezando a baixar e comeza a facer frío, pero iso non nos impide seguir tendo ganas de pasalo ben e de continuar  coa rutina.

Onte pola tarde, ansiosos por facer deporte, os rapaces baixáronse na súa parada habitual do tram para ir practicar spinning. O spinning ven a ser unha bicicleta estática conectada a unha pantalla que vai informando ao usuario do número de km “andados”, as calorías queimadas e o ritmo cardiaco.

a tope de powergrupo en clase de spinning

A pesar do esforzo e de que algúns esqueceron o chandal na casa, aos rapaces encantoulles a sesión e algúns deles comentaron que estaban desexando poder liberar tensións no ximnasio. Iso si, ninguén os librou das maniotas de hoxe…porque ademais do spinning, ao acabar a clase puideron facer uso dalgunhas das máquinas ubicadas no polideportivo. Para sorpresa nosa, case todas elas dispoñían de conexión a internet e a canais de televisión para non aburrirnos mentres nos poñemos en forma.

No ximnasio

E no referente ao día de hoxe, dicirvos que ao acabar as clases, poderemos desfrutar dunha hora e media libre no centro de Sheffield e despois deberemos dirixirnos ás nosas casas para cear e cambiarnos, porque hoxe de oito a dez temos “disco” cos buddies. A maioria están desexando que chegue a noite de hoxe! Contarémosvos que tal!

Mentres, despedímonos ata mañá esperando poder facer moitas fotos do momento!

Un saudo das monitoras!

2 pensamientos en “29 de setembro. Clase de spinning!

  1. uy, a modiño coa “disco”, que os rapaces ingleses cando van de farra non teñen medida, alomenos cando veñen para o Saloufest. Poñede algunas fotos se vos deixan “os interesados” … ;).

    saúdos, e noraboa polo blog e o voso bo traballo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *