29 de novembro, visita a Londres!

THORPE ST ANDREWS

Bos días a todos! Hoxe realizamos a nosa primeira saída e nada menos que a Londres!!

Tocounos madrugar un pouquiño para poder aproveitar o día ao máximo. Dividímonos en dous grupos, algúns imos con John de guía e outros con Kim e subimos ao bus. Despois das tres horas de viaxe, baixamos do bus fronte ao London Eye e todos nos apuramos a sacar as nosas cámaras para retratar as mellores vistas da cidade.

CIMG0079

Comezamos a nosa ruta no Palace of Westminster, onde, grazas a John e Kim, aprendemos un pouco sobre a súa historia. Chámanos moito a atención a cantidade de artistas que encontramos polas rúas de Londres facendo espectáculos para os turistas. Tras pasar Westminster Abbey, onde se casou o príncipe William, continuamos ao noso camiño cara Trafalgar Square, alí realizamos a nosa primeira parada, onde aproveitamos para comer e sacar algunhas fotos, entre elas coa bandeira de Vigo.

CIMG0090

Algo máis descansado continuamos o noso camiño por St James’s Park, onde nos chama moito atención a cantidade de squirrels que atopamos 🙂

Tras cruzar todo o parque chegamos a Buckingham Palace, ao ver a bandeira dámonos de conta de que the queen Elizabeth II non está, que mágoa! Nós que lle traiamos saúdos de Vigo 😉
CIMG0099

Continuamos a ruta polas transitadas rúas de Piccadilly ata Covent Garden. Todo a cidade está preciosa cos adornos navideños e a xente xa comeza coas primeiras compras destas datas. Christmas is coming!! Rematamos a nosa visita con tempo libre para facer varias compras e agasallos para os nosos amigos e familiares.

CIMG0085

Ás 5 collemos o bus de volta a Norwich. Moitos de nós inda estamos asimilando que pasamos o día enteiro en Londres e marchamos coa promesa de volver proximamente.

Atendemos a Kim cando nos fala do Thames River

Chegamos a Norwich ás 8 da tarde onde xa estaban moitas das nosas familias esperando por nós. Mañá pasaremos todo o día con elas para integrarnos máis no estilo de vida dunha familia inglesa 🙂

See you soon!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *