29.9, Prestatyn- Pizza & movie

Bo día a todos e todas!

Venres xa! A mañá que rematou cos alumnos axudaron aos estudantes de español galeses cos seus deberes, tocaba dirixirnos á actividade da tarde. Non podía ser máis propia dunha fin de semana: pizza e película. Logo dunha semana de visitas e movemento, un plan relaxado vén realmente ben! Cales foron as novidades desta actividade? Que a pizza foi feita polos propios alumnos e que puideron invitar a alumnos galeses a participar nela! Algunhas das buddies das rapazas aceptaron encantadas e así a velada fíxose un pouco máis “internacional”.

Chegamos ao lugar onde nos citaran para levar a cabo a elaboración da pizza e o visionado da película e fixádevos que maravilla! Coincidiu, ademais, que o venres foi un día no que evitamos a chuvia e os rapaces puideron aproveitar as instalacións.

Logo dun rato de xogo, puxéronse, nunca mellor dito, “manos a la masa”: tocaba elaborar a pizza que cada un quería! Cos ingredientes que tiñan á súa disposición, crearon a súa pizza personalizada, que foi directa ao forno para que os estudiantes puideran degustala o antes posible!

 

Logo dun chisco, as pizzas estaban feitas e os alumnos comprobaron quen foi o estudiante que máis acertou na elaboración! O certo é que é difícil saber quen desfrutou máis dela se temos en conta o pouco que sobrou. Era hora da película! A escollida (logo dunha ardua negociación) foi a xa clásica “Clueless”. Aínda que houbo quen se enfrascou na historia que conta, moitos dos alumnos preferiron continuar a velada ao aire libre e seguir interaccionando cos alumnos galeses. Unha vez rematou a actividade, algo máis tarde do usual, os alumnos despedíronse e marcharon á súa casa descansar para a excursión do día seguinte.

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *