25 de novembro de Vigo a Norwich con destino Thorpe St. Andrew

THORPE ST. ANDREW

Boas a todas e todos os seareiros de Vigo en Inglés!! 

Este é o comezo da aventura que vos imos narrar nestas tres semanas que durará o noso periplo por terras británicas. O noso destino é Norwich, (Norich, como lle din aquí) e somos o grupo de Thorpe St. Andrew

 Expedición Thorpe ao completo

Tócanos madrugar para reunirnos no aeroporto de Peinador, o punto de saída desta experiencia, pero as ilusións e a felicidade poden máis que as caras de sono que nos deixa o madrugón. Malia que algunha bágoa si que nos quedou en Vigo por deixar ás nosas familias por uns días, en seguida volveron os sorrisos e comezamos esta andaina deixando a todos os que nos acompañaron para despedirse do outro lado do control de seguridade.

Cando recibimos a primeira chamada da apertura da porta de embarque, aparece o alcalde da cidade para desexarnos unha boa viaxe e darnos certas recomendacións, xa que trala súa estadía en Cambridge é coñecedor desta zona, segundo as súas palabras, agardamos volver cos deberes feitos. E co alcalde, tamén chega a prensa e algún de nós non tivo reparos en plantarse diante da cámara e do micrófono e responder as preguntas dos periodistas. 

De risas coa prensa

Momento de embarcar e para algúns de nós será a primeira vez que montemos nun avión, que nervos!!! pero todo controlado, o voo Vigo-Madrid é do máis tranquilo e incluso chegamos antes da hora prevista. Máis tempo de espera en Barajas 😛

Chegan as 13.35, hora do noso segundo voo e este deixanos en Londres, xa pouco queda para o noso destino!!!! O aeroporto de Heathrow déixanos abraiados co seu sistema de control de extranxeiros, que colas de chinos había!!  e o “metro” que nos leva ata a zona de onde saen as nosas maletas, que chegaron todas, todiñas a destino 😀

Recóllenos os compañeiros de The English Experience e agora si ven a parte dura, acomodar toda a nosa equipaxe no autobús que nos leva a Norwich e aguantar as 3 horas e media de viaxe que nos agardan para chegar a destino, pero entre risas, cancións, e algunha cabezadiña fanse máis levadeiras e o noso destino está máis cerca

20:30 da noite, hora local e… Norwich, here we are!!! Chegamos a Norwich e  as nosas host families  agardan por nós no meeting point e paseniñamente imos baixando do autobús, que coa noite fresca que vai mellor agardar ao quentiño, para atoparnos coas que serán as nosas host families durante as vindeiras 3 semanas. Algúns de nós esperabamos que tiveran un cartel ben grande co noso nome, pero como non puido ser, a ver se ocurre na próxima vez 😉

Largo día de viaxe, misión de entrega cumplida e horas son para irnos cada un coa súa a familia que seguro que nos gardaron algo de cea e unha cómoda cama nos agarda para repoñer forzas de cara o noso primeiro día 😀

Agardamos as vosas lecturas e  comentarios!!!! deica o vindeiro día

Saúdos e apertas para todos!!! 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *