22 de Xunho. Paseo en barco polo Thames

Bos dias a todalas familias en Vigo,

Comezamos o dia aguantando o chaparron. Por aqui esta caendo unha boa (meteoroloxica e socioloxicamente falando). Como ben saberedes, hoxe e un dia historico para Reino Unido (desos que dentro de vinte anos lembraremos cun “eu estaba ali”). E por riba chove sobre mollado. Porque esta noite caeu unha treboada que nos espertou a todos. Hoxe as ruas estan inundadas (England ten moitas cousas boas pero ao parecer de alcantarillados andan xustinhos) e como consecuencia, aparece o temido flooding (inundacions de carreteras), aumentando considerablemente o numero de atascos. Pero nos somos galegos e se alguen cre que unha treboada de nada nos vai parar, esta moi equivocado.

Afortunadamente a tarde de onte foi estupenda para pasear en barco, que era a actividade que tinhamos prevista. Despois de sair de clase as tres, diriximonos a parada de autobuses para coller o tan conhecido bus 371 que nos deixou preto do embarcadoiro. As catro e cuarto apareceu o “boat” que nos levaria de Richmond a Kingston. Foi un paseo agradable que nos serviu para relaxarnos, ter algun que outro momento “Titanic”, contemplar as vistas  e/ou envidiar as casas que se podian ver o longo do rio. Richmond e unha zona na que hai unha alta probabilidade de atoparse con personalidades do mundo do cine e television, posto que esta situada estratexicamente  nunha area proxima a estudios cinematograficos, as saidas o aeroporto e o metro a Londres. Asi, mentras iamos no barco, non poidemos evitar botar un ollo as mansions ubicadas a beira do rio (con xardin, piscina e embarcadoiro privado).

 De Kingston a Richmond en barcoNerea, Belen, Sara, Diego, Raquel, Belen C, Cristina, Belen L e Gaila Titanic

Manhan e un dia especial. A escola ten “Inset day”, o cal quere dicir que os rapaces non teran clase. Asi que a organizacion local propuxonos organizar un dia extra en Londres, o cal aproveitaremos para visitar o Camden Market e o British Museum. Os rapaces xa estan preparando o peto para as compras que pensan facer.

Polo de pronto nada mais. Seguiremos informandovos dende Kingston/Richmond!

Saudinhos ingleses das monitoras!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *