COSTESSEY 21-22/09 – Chegada e primeiro día de aulas

 

Ola dende Costessey!

Tras unha viaxe que semellaba eterna, onte a noite por fin chegamos a Costessey, onde tras coñecer as nosas novas familias daría comezo esta nova aventura.

img_20160924_224301-compressed

Hoxe foi o noso primeiro día de aulas na Ormiston Victory Academy e como tal estivo cheo de nervios e emoción por atoparnos nun lugar novo e descoñecido. Mais para iso foi para o que nos apuntamos!

Tras chegar á escola nos nosos uniformes, eses que tanto nos gustan… Recibimos os nosos horarios e presentáronnos aos nosos buddies, que serán os encargados de guiarnos polo novo colexio e dicirnos por onde temos que ir para as clases. Tamén fixemos un pequeno tour pola escola, que como xa vos dirían, fai boa falta, que con tanto edificio calquera sabe onde ten a seguinte clase!

Unha vez rematado no colexio tivemos un paseo por Norwich, onde puidemos ver e coñecer un pouco o centro e sacar as primeiras fotos da nosa cidade durante as seguintes tres semanas. Este paseo serviunos para ver e situar os principais lugares como os puntos de encontro, tendas e certos comerciais, que xa sabemos que son paradas obrigadas en toda viaxe!

E por hoxe coidamos que xa foi abondo, que estamos aínda moi cansos da viaxe e ao estar a final de semana hai que gardar tempo e enerxía para mañan e sábado coa visita a Cambridge. Seguiremos informando dende Costessey!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *