10 de outubro. Excursion a York

Bos dias!

Este sabado os rapaces dirixironse a York de excursion.

Un pouco mais cedo do habitual para ser un sabado, quedamos na Sheffield Interchange para sair dende ali ata a estacion de ferrocarril e coller un tren direccion Newcastle, onde tinhamos espacio reservado para viaxar a York.

Martin e Elisa no trenJaime, Carolina, Yago e Marta no tren a YorkTras uns cincuenta minutos de traxecto baixamonos na cidade onde foron rodadas algunhas secuencias da pelicula de Harry Potter e para sorpresa de moitos, podia percibirse no aire un certo  cheirinho a chocolate que non se podia resistir! Ao parecer, York ten moitas cafeterias que sirven chocolate quente, e o ser tan pequeno, estan todas concentradas nun par de ruas principais

Unha vez acostumados a esta nova fragancia, diriximonos ata a York Minster (o que ven a ser a catedral), onde tinhamos preparada unha pequena busqueda do tesouro. Os rapaces tinhan un mapa da catedral co que debian ir localizando dos elementos ornamentais e marcando a sua ubicacion. A pesar de que non habia premio, houbo quen se meteu no papel de explorador. Esta claro que o conhecemento e sempre a mellor recompensa…ou non?

York Minster

Equipo da Treasure Hunt!

Ao sair da catedral, deixamoslles o grupo tempo libre para poder pasear a seu aire pola cidade e realizar as ultimas compras. Aqui podedes ver como posan diante do cartel da rua “Whip-ma-whop-ma gate” que sera unha das ruas mais pequenas de York, pero seguramente tamen sera a que ten o nome mais impronunciable.

Whip-ma-whop-ma-gate...non trouxo cola o nome!

Antes de coller o tren de volta

Hoxe estan na clase coma de costumbre e ao finalizar dirixiremonos a Sheffield onde poderan reunirse cos buddies para despedirse definitivamente!

Que dificiles son os adeuses! How can you find the words to say goodbye?

Manhan xa volo contamos!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *